BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

O BILINGÜISMO DE FEIJOO por BNG palas


Namais chegar a xunta o novo presidente xa comenza a dictarlle ordes a os alcaldes do seu partido para que estes poñan en practica o bilingüismo, e como non podia ser menos o noso alcalde, (non sabemos se Pensado ou Pablo) comenzou a aplicalo na web do concello, pero para non ter que escrivir o mesmo duas veces nas duas linguas ocurriuselle a xenial idea de poñer a metade do artigo en Galego e outro anaco en Español. podedelo ver picando no seguinte enlace: Bilingüismo

XVIII FEIRA MULTISECTORIAL E DO QUEIXO por BNG palas


Esta fin de semana celébrase en Palas de Rei a XVIII feira multisectorial e do queixo da Comarca da Ulloa.
Para ela contase cun orzamento de aprox. 50000 euros.
A maior parte destes cartos proveñen de consellarías ligadas o BNG como son a de Medio Rural, e a de innovación e industria, así coma do Xacobeo e a vicepresidencia da deputación de Lugo.
O domingo dia 19 as 12:30 nomearanse os membros da encomenda do queixo da ulloa algo moi dado entre os alcaldes do PP vexase antigamente Melide co sr. Pampin e a orde do camño de Santiago ou Portomarín co sr. Eloy coa Orde da Alquitara.
Nesta nova encomenda o Alcalde de Palas nomea a dúas persoas que "moito traballaron por Palas" D. José Branco (supoñemos que por que todo o mundo lle chama PP, porque o que se di traballar por Palas...) e don nuñez Feijoo (que tamén leva anos traballando a reo no noso concello) pero que se lle vai a facer non se pode esperar mais dun Alcalde que acabando de rematar as obras da praza do concello xa inclue nos presupostos do proximo ano a reforma da cuberta recen rematada, e que xa conta estragala en tan pouco tempo?

Asemblea Comarcal Extraordinaria por BNG palas


Hoxe celebrouse en Lugo a Asembea Comarcal Extraordinaria para a elección de delegados para a Asemblea Nacional Extraordinaria que se celebrará en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de maio de 2009.
Dita Asemblea tivo unha moi boa participación, onde todo o que quixo puido intervir e debatir as distintas propostas ou enmendas presentadas.
O resultado foi a elección de 142 delegados que representarán a comarca de Lugo centro en Santiago, entre os cales saiu elexido o unico candidato a delegado que a nosa asemblea local de Palas presentou, e que asistirá os días 9 e 10 a Santiago para que o noso concello teña tamén representación na elección do portavoz Nacional do BNG.

Lumes no Careón por BNG Palas


Como sabedes, fai uns días ardeunos o monte Careon afectando a case a totalidade deste, este é o aspecto que ten agora, dende o BNG de Palas, queremos concienciar a xente que neste verán que se aveciña, non fagan queimas de ningún tipo, pois calquera chisca de lume que escape o noso control pode acarrear un desastre natural coma o que vivimos dias atrás.
Apelamos a responsabilidade da xente para porlle fin a "historia negra de galiza" que se ven vivindo verán tras verán nos nosos montes.

MANIFESTO A PROL DO GALEGO


Dende principios do mes de Abril circula pola rede unha páxina onde podedes firmar se estades de acordo con que O GALEGO É ÚTIL podedes firmar e que se enteren os que queren destruir o noso patrimonio lingüistico. A páxina é www.ogalegoeutil.wordpress.com
Dende BNG de Palas animamos a tódas as persóas a firmaren e por un comentario, para que o Galego siga sendo a lingua de todos os Galegos/as tanto na Galiza coma no estranxeiro.