BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

Un inquérito do xornal PÚBLICO outorga ao BNG o 1,4 % do voto estatal, o mellor resultado na serie histórica


O Bloque Nacionalista Galego obtería un 1,4 por cento do voto estatal de se celebrar nestes momentos unhas eleccións xerais, de acordo co inquérito feito público hoxe por Público.

Trátase do mellor resultado do BNG nos inquéritos que vén publicando o rotativo madrileño desde as xerais de 2008. Naqueles comicios o BNG acadou un 0,8 por cento do voto, o que supuxo senllas actas para Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila.

O inquérito confirma a liña ascendente que o BNG experimenta desde Outubro de 2009O 1,4 por cento que lle atribúe Público á formación nacionalista é unha décima superior ao inquérito de Xuño e confirma a liña ascendente que a organización frentista marca nestes inquéritos desde Outubro de 2009 (cando choutou até o 1 por cento do voto estatal). Xa en Xaneiro, o salto foi até o 1,2 por cento, cifra que se mantivo en Maio e que deu un novo pulo en Xuño até o 1,3 por cento, para situarse agora neste traballo de Outubro no patamar do 1,4.

De acordo coa estimación de Público, o BNG converteríase na segunda formación nacionalista en apoios electorais de todo o Estado. Só ficaría por diante CiU.

O 1,4 que marca este inquérito de Público superaría o mellor resultado histórico do BNG nunhas eleccións xerais, o obtido en 2000 cando a formación nacionalista conseguiu tres escanos e se alzou co 1,32 por cento do voto estatal.