BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

IGREXA DE VILAR DE DONAS


O diputado do BNG no Parlamento do Estado Español Francisco Jorquera Dirixiuse o Goberno para preguntarlle polo grao de execución da partida de 2,5 millons consignada nos orzamentos 2009 e froito da negociación do BNG para actuaións de restauración no capítulo cultural.

dentro desa partída inclúese as obras da primeira fase da intervención de restauración en pinturas murais da igrexa de Vilar de Donas cun orzamento de 60.000 euros.


CASTELO DE PAMBRE


Ana Ponton e Fernando Blanco, deputados do BNG no Parlamento de Galiza, rexistraron o pasado dia 17 de novembro unha pregunta na que instan a xunta a valorar a situación do castelo de Pambre logo do pasamento do seu antigo dono, asi mesmo preguntan polas actuacións que vai levar a cabo a Xunta de Galiza para garantir a conservazón deste ben e para que o castelo pase a titularidade pública.

O BNG ENMENDA OS ORZAMENTOS GALEGOS



Santiago de Compostela, 9 Novembro 09.- O portavoz do g.p do BNG, Carlos Aymerich, e o portavoz de Economía, Fernando Blanco, anunciaron hoxe que presentarán unha emenda á totalidade aos orzamentos, que suma 223 millóns de euros, para polos ao servizo da sociedade e das súas principais preocupacións, é dicir, para fomentar o emprego, a activación económica, as políticas sociais e o I+D+I.

Aymerich explicou que rexistraran todas as modalidades de emenda que se poden presentar, devolutiva, á cada unha das seccións e transversais, co obxecto de plantexar unha alternativa ao proxecto do goberno do PP que realmente serva para facer fronte á crise.

O portavoz parlamentar lembrou que ningunha das afirmacións feitas por Feijóo á hora de presentar os orzamentos 2010 son certas, pois nin son unhas contas austeras, nin dinamizadoras da economía nin blindan os servizos públicos e sociais, de ahí a necesidade dunha alternativa, de seguir exercendo presión sobre este goberno, explicou, pois estes días demostrouse que con presión social e política Feijóo vese obrigado a rectificar, en referencia ao acontecido co complemento das pensións non contributivas.

Para Aymerich, o PP ten que responder a unha pregunta que se fai todo o mundo, “se baixan os investimentos, baixan os servizos sociais... onde meten os cartos?”. Neste sentido, Fernando Blanco explicou que se sabe onde non os meten e por iso as emendas nacionalistas.

O voceiro de Economía fixo un repaso máis pormenorizado das novas partidas propostas polos nacionalistas, salientando os 65 millóns de euros previstos para as distintas consellerías, para planes específicos en beneficio dos sectores productivos (láceto, forestal, pedra, mexilloeiro...), dos cales 25 irían destinados para axudas aos mesmos a través do Igape.

Para políticas de emprego, Blanco defendeu que se destinen 20 millóns máis e outros 20 para políticas sociais, apostando tamén porque todas as obras, por exemplo, de Sanidade sexan asumidas pola administración, non a través de recursos privados.

A gratuidade dos libros de texto e os comedores escolares son outras das preocupacións do BNG, que consideran precisan 5 e 4 millóns máis, así como as políticas de I+D+I, que tal e como están os orzamentos hai unha renuncia das mesmas e o BNG considera deben contar con 11 millóns de euros máis polo seu valor estratéxico.

Fernando Blanco concluiu reiterando que tal e como están agora, sen emendar, estes orzamentos non serven para o actual escenario de crise e demostran que Feijóo carece de proxecto, por iso animou ao goberno a “rectificar”, como xa fixo co complemento das pensións, mais advertiu que “rectificar é de sabios, o que é malo é improvisar e este goberno improvisa”.

COMENZAN AS OBRAS DA SINALIZACIÓN TURISTICA DA COMARCA

Segundo fontes da Deputación de lugo, a sinalización dos recursos turisticos da comarca da ulloa impulsada pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo en mans do Nacionalista Antón Bao, estará rematada no prazo de un mes, así o anunciou o venres 23/10/09 a vicepresidenta terceira da institución Luguesa a tamén Nacionalista Maria Xosé Vega Buján.
Este proxecto conta cun orzamento aproximado de 137.000 euros aportados pola Diputación provincial.
O que os Nacionalistas queremos conseguir con este proxecto non é so sinalizar monumentos como o mosteiro de vilar de donas ou o castelo de Pambre, senon temén outros espazos dinamizadores da comarca como poden ser cooperativas como milhulloa no Coto, ou esplotacions ecolóxicas como no caso de arqueixal en Albá.
O proxecto aprobado no mes de Febreiro consta de trece mesas interpretativas e seis monolitos, que serán instalados nas distintas estradas de acceso a comarca.

GUILLERME VAZQUEZ VALORA A MANIFESTACIÓN DE QUEREMOS GALEGO

O portavoz Nacional do BNG Guillerme vazquez, valora neste video o resultado da manifestación organizada pola plataforma cidada queremos galego o día 18 de outono de 2009 en Santiago de Compostela, a que acudiron arredor de 100.000 persóas de destintas ideoloxías políticas pero con un único obxetivo, avisar a xunta de Galiza, que o pobo galego non vai a permitir que lle quiten o que é seu.

QUE PASA COA QUERELA PRESENTADA POR O FISCAL DO PSOE

O 23 de decembro de 2004 o entón fiscal xefe de Lugo don Xesús izaguirre, presentou no xuzgado decano de Chantada unha querela criminal contra 22 persoas, entre elas o noso Alcalde, e altos cargos da consellería de cultura.
De esa querela, a actual fiscalía non ten idea de que foi dela, será que e certo que o noso Alcalde ten poderes para manexar a quen lle pete, ou que o PSOE como se rumoreou na vila ten intereses ocultos na cabaña? dende logo non é normal que despois de tantas denuncias nen o xuzgado nen a fiscalía, lle dean posto fin a esta historia.
podedes ver a ultima nova publicada o 19/05/2009 AQUI

O BNG expresa a "súa repulsa e condena pola ofensiva irracional de ETA" e solidarízase coas vítimas



Santiago de Compostela, 30 Xullo 2009. O BNG expresa a “súa repulsa e condena pola ofensiva irracional de ETA” que en vintecatro horas cometeu dous brutais atentados.

O BNG quer amosar en primeiro termo a “súa solidariedade coas familias e achegados das dúas vítimas mortais do atentado deste mediodía en Palmanova, no municipio mallorquín de Calviá, e tamén cos moitos feridos debido á brutal acción de ETA”. Polo de agora, só se sabe que morreron dous axentes da Garda Civil e que se contabilizan varias persoas feridas.

O BNG deixa claro que ETA “erra por completo se pensa que vai doblegar ao Estado de Dereito coa violencia sen sentido. A democracia ten recursos suficientes para derrotar ao terrorismo”. Os nacionalistas galegos amosan “o horror do BNG por esta escalada de violencia terrorista que repugna a conciencia democrática e pacifista do pobo galego”.

Ademáis, os nacionalista galegos realizan un chamamento “á unidade de todas as forzas políticas democráticas como o instrumento fundamental para derrocar o terrorismo”.

Jorquera asiste á xunta no Congreso ás 18.30 horas

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, asistirá esta tarde, ás 18.30 horas, á xunta convocada na Cámara Baixa con todas as forzas políticas e axentes sociais para expresar a condena polos dous atentados da organización terrorista, o de onte en Burgos e o de hoxe en Mallorca. Ao remate da xunta procederáse á leitura dun comunicado conxunto.

SINALIZACIÓN TURISTICA NA ULLOA

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, o NACIONALISTA Antón Bao, responsábel das areas de Cultura Deporte e turismo, conta con que a sinalizacion turística da comarca da ULLOA estará rematada no mes de agosto, segun establece o contrato de adxudicación do proxecto.
Este proxecto conta cun presuposto de 137.576 euros aportados pola Diputación provincial.
O que os Nacionalistas queremos conseguir con este proxecto non é so sinalizar monumentos como o mosteiro de vilar de donas ou o castelo de Pambre, senon temén outros espazos dinamizadores da comarca como poden ser cooperativas como milhulloa no Coto, ou esplotacions ecolóxicas como no caso de arqueixal en Albá.
O proxecto aprobado no mes de Febreiro consta de trece mesas interpretativas e seis monolitos, que serán instalados nas distintas estradas de acceso a comarca.

Tamen no noso concello (palas de Rei) acondicionarase a ruta das torrentes de Macara o longo do rio Ulla.

UN DIA DA PATRIA GALEGA MASIVO por bng Galiza


Era o que o País necesitaba: un Día da Patria Galega masivo para patentizar que esta nación continúa viva e que non vai renunciar a defender os seus dereitos. Unhas 20.000 persoas -algún meio de comunicación sinalou esta como a manifestación máis numerosa dos últimos anos- rebordaron as rúas do casco vello e desbordaron os límites da Praza da Quintana. Unha resposta cívica, festiva e moi emotiva ante as agresións que o Goberno Feijóo en apenas 100 días de exercicio ten perpetrado contra a nación galega e os seus sinais de identidade, a comezar pola lingua.
O BNG ofreceu a imaxe dunha organización que, unha vez feitos os deberes internos, ten folgos de abondo para construír a alternativa ao Partido Popular e derrotar en catro anos o proxecto reaccionario e anti-galego de Núñez Feijóo. Como adoita dicir o portavoz nacional, "hai pobo, hai vida, hai esperanza"

.DOUS ALICERCES BÁSICOS: O discurso de Guillerme Vázquez na Quintana construíuse sobre dous alicerces básicos: primeiro, transmitir a idea de que o BNG está aquí e non vai claudicar, perante o conformismo dos partidos españois en Galiza, que xa andan a argallar unha reforma do Estatuto para consolidar a presenza do noso País na Segunda División do Estado; segundo, espallar coa mesma enerxía a determinación do BNG de combater e vencer o Partido Popular e o que este significa tanto no eixo da política nacional como no plano da política social.Pasan, portanto, por que o nacionalismo, cohesionado e reilusionado, traballe duro estes catro anos para persuadir ao conxunto da sociedade de que as solucións aos nosos problemas non pode vir dun partido da dereita españolista, senón dunha forza política propia do País e claramente comprometida cun modelo social favorábel ás maiorías.

O BNG está aquí e non vai claudicar perante o conformismo dos partidos españois que queren unha Galiza de Segunda División

FESTIGAL 2009 BNG palas



O Festigal consolídase coa súa oitava edición, que terá lugar os días 24 e 25 de Xullo, coincidindo co Día da Patria Galega e tamén festivo local na capital, Santiago de Compostela.

Está concebido como un escaparate cultural, onde a cultura galega e a internacional... a nova completa en FESTIGAL

MOVÁMONOS POLA NOSA LINGUA E POLO DEREITO AO TRABALLO

MOVÁMONOS POLA NOSA LINGUA E POLO DEREITO AO TRABALLO

Imos celebrar este ano o DIA DA PATRIA GALEGA nun contexto político de grave agresión contra os nosos dereitos como pobo. O goberno do partido popular na Galiza fixou a súa prioridade na destrucción da nosa lingua. Comenzan por reducir a súa cativa presenza no ensino e por eliminar o requisito do seu coñecemento para o acceso á función pública. Teñen un obxetivo político claro: destuír a nosa conciencia de sermos Galegos e Galegas.

Paralelamente, no contexto da grave crise económica que sufrimos, optan por recortar dereitos nos servizios públicos (ensino, sanidade,...) e por aliñarse cos intereses das grandes empresas. Non usan o goberno Galego para defender sectores básicos da nosa economía. Tampouco se dispoñen a impulsar o emprego desde a iniciativa pública ou axudando a pequena e mediana empresa. Sintonizan con todo o que sexa reducir dereitos sociais e laborais. Venden a emigración dos nosos mozos e mozas como panacea. Só utilizan Galiza ao servizo dos intereses políticos do PP a nivel estatal.

Hai que moverse contra pretensións tan destrutivas. Un goberno así é mortal para sermos galegos e Galegas con dignidade e lograrmos algún día o dereito pleno a vivir e traballar na propia Galiza. O BNG defende unha política de igualdade: a igualdade para o noso idioma e unha política económica que favoreza o dereito de todos e todas ao traballo. Esta é a verdadeira política democrática. por iso facemos un chamamento a participar na movilización do día da patria en santiago en defensa da nosa existencia como pobo con dereitos.De forma moi especial en defensa da lingua Galega como lingua verdadeiramente oficial a todos os efectos, e do dereito ao posto de traballo digno na propia terra. Estes son dous dreitos básicos para calquesra pobo do Mundo.

"Porque o noso deber está en asegurar o dereito ao traballo remunerado,para que ningún irmán noso emigre por necesidade"
SEMPRE EN GALIZA. CASTELAO

NOXENTO ATAQUE DA "VOZ" E DA TVG DE FEIJOO CONTRA "A MESA"

NOVA PUBLICADA EN www.acostadamorte.blogspot.com

A galegofobia prosigue, noxento ataque da "Voz" e da tvg teledirixida por Feijoo contra A MESA

Diante do ataque coordinado que o xornal antigalego "La Voz de Galicia" e a tvg teledirixida por Feijoo acaban de realizar contra a Mesa pola Normalización Linguística, reproducimos o comunicado da propia Mesa:
A Mesa presentará unha denuncia contra a manipulación informativa da TVG no Telexornal mediodía de hoxe e exixindo o dereito de réplica

A Mesa xa estivo nas “listas negras do PP” e o TSXG chegou a emitir unha sentenza obrigando a Xunta a financiar a asociación

A Mesa lembra que é a maior asociación cultural de Galiza e que ten dereito a presentar proxectos para que sexan financiados polas administracións, “igual que todo o mundo”

A Mesa pide diñeiro público “para proxectos de promoción do galego, non para comprar traxes de luxo nin desviar diñeiro ás Illas Caimán nin certificar obras inexistentes”


Perante as informacións publicadas hoxe por La Voz de Galicia e a TVG, A Mesa pola Normalización Lingüística quere sinalar:

1) Todos os convenios asinados pola Mesa pola Normalización Lingüística son públicos, de acordo co estipulado pola Lei de transparencia, e atéñense plenamente á legalidade, cumprindo con todos os trámites e principios éticos. A actual conselleira de Economía e Facenda, Marta Fernández Currás, que como é sabido foi interventora xeral da Xunta durante un ano na pasada lexislatura, pode dar testemuño do mesmo.

2) A Mesa non recibiu financiamento do Goberno galego para infraestrutura (como si recibiron e reciben outras asociacións con moita menos afiliación e actividade) nin para a súa liña de traballo reivindicativa, senón para proxectos concretos, presentados perante os medios de comunicación: o Correlingua en que participan máis de 40.000 rapaces cada ano, o Voluntariado de Activación Lingüística no que participaron máis de 1.000 persoas (e polo cal a Xunta recibiu unha axuda europea superior ás cantidades conveniadas coa Mesa nestes anos), campañas de sensibilización nos diferentes ámbitos, edición da revista mensual Longalingua etc.
En ningún caso A Mesa recibiu diñeiro público para comprar traxes de luxo nin desviar diñeiro ás Illas Caimán nin tivo axudas para certificar fraudulentamente obras inexistentes, aspectos todos eles realmente de gravidade.

3) A Mesa é a maior asociación cultural de Galiza cos seus máis de 3.500 socios e socias. Era unha irregularidade manifesta que esta asociación ficase excluída das axudas públicas e de desenvolver proxectos para as administracións a pesar das súas dimensións e da súa capacidade de actividade, demostrada nos seus 23 anos ininterrompidos de accións de reivindicación, sensibilización e promoción do galego en ámbitos nos que está discriminado ou excluído, amén do seu creto como entidade pertencente á Axencia Europea de Linguas Menos Estendidas, con rango de entidade consultiva na ONU.

4) A Mesa lamenta as listas negras en que estivo inscrita durante os anteriores mandatos do PP e que agora parece que se van repetir aínda con maior crueza. Nese sentido, cómpre lembrar que o TSXG chegou a emitir unha sentenza obrigando á Xunta gobernada polo PP a financiar a asociación, que era a única excluída, de entre todas as solicitantes, en moitas convocatorias de axudas públicas. O PP quere, de forma sectaria, que A Mesa deixe de recibir diñeiro público, acusando esta asociación de falsas ilegalidades e demonizándoa. É a súa unha visión totalitaria, de quen quere eliminar os seus inimigos, a pesar de que o labor que estean realizando sexa de interese público. Na súa galegofobia, moléstalles A Mesa como ferramenta contra as discriminacións lingüísticas e de defensa firme do dereito a vivir en galego.

5) A Mesa lamenta a forma tendenciosa de ofrecer esta información para dar a entender que existiu un trato de favor por parte do bipartito ou das consellarías xestionadas polo nacionalismo, o cal falta á verdade. Nese sentido, cómpre salientar:

a. Non se citan ningún dos proxectos financiados, excepto a publicidade na revista Longalingua, que ademais é a publicación mensual en galego con maior tiraxe e difusión. Se recibir insercións publicitarias por parte das administracións fose delito, todos os medios de comunicación sen excepción estarían incorrendo nel, por certo moito máis que nesta revista cultural.

b. Nunha redacción enrevesada e salientando os datos dun único ano (mesmo como subtítulo), dáse a entender que A Mesa recibiu máis diñeiro nesta pasada lexislatura por parte do Goberno galego que a Real Academia Galega, algo que non é verdade, como ben se pode comprobar a través dos mecanismos estabelecidos pola Lei de transparencia, mesmo a través de internet. En calquera caso, A Mesa sempre defendeu o financiamento público xusto da RAG de acordo con criterios lóxicos de legalidade, representatividade e actividade, e sen contraprestacións partidarias, como agora quere facer Alberto Núñez Feijóo.

c. Vaise tamén contra principios básicos de ética xornalística cando se dá e salienta unha información falaz, nunca contrastada por inexistente, a pesar de que foi desmentida ducias de veces pola asociación. Referímonos á repetición de que A Mesa enviou “600 cartas ameazantes a comerciantes”, que en ningún caso existiron. O mesmo se pode dicir sobre os supostos delitos que se lle apuxeron á Mesa nos medios de comunicación e que non foron respaldados por ningún tribunal, pola súa evidente falsidade, o cal non é impedimento para que algúns medios continúen xogando con esas insinuacións difamantes.

6) A Mesa presentará unha denuncia xudicial contra a TVG polo tratamento manipulador dado á noticia no Telexornal mediodía de hoxe e exixindo o dereito de réplica. Nun medio público como este, é máis de lamentar a manipulación, a tendenciosidade e que se dea voz unicamente a unha parte, curiosamente o concelleiro e deputado do PP Carlos Negreira, mentres nin se poñen en contacto cos portavoces da Mesa para contrastar a información.

7) A Mesa segue unha transparencia escrupulosa nas súas contas, someténdoas ao debate anual entre as súas socias e socios en asemblea xeral e cos convenios públicos informados a través de internet. É rechamante que, pola contra, se pase por alto o financiamento opaco de entidades creadas para atacar o galego. Así, a pesar de non contar case con afiliación, algún destes grupos declarou que ten medio millón de euros para actividades para este ano 2009 e demostra unha capacidade económica para realizar campañas mediáticas con anuncios a cor nos diarios de maior tiraxe e cuñas radiofónicas, aluguer de autobuses para percorrer toda Galiza etc que nunca A Mesa tivo, a pesar de ser a maior asociación cultural de Galiza.
VER EIQUI

25 DE XULLO DIA DA PATRIA por BNG palas


Como ben sabedes o próximo dia 25 de xullo celébrase en toda Galiza o DIA DA PATRIA GALEGA. O BNG de Palas de rei como todos os anos, celebraráo en santiago de Compostela, participando na manifestación que partirá da alameda, rematando na praza da quintana, para logo participar nunha comida no campus sur da U.S.C.
O BNG de Palas convida a todos os afiliados, simpatizantes e veciños a participar neste dia tan sinalado para o noso País.
Os que queirades participar podedes apuntarvos no bar PARDELLAS ou no tf. 627588969 (poti)

AGARDAMOSVOS

OBRAS URXENTES NO PABILLON POLIDEPORTIVO por BNG palas





O pabillon polideportivo de Palas de Rei, precisa urxentemente da actuación do Concello, as suas barandas estan rotas co que e un perigo para os cativos que queiran ir ali a xogar ou adestrar, cando chove a pista enchese de pozas, o cal, a parte de mollarse a xente, é un perigo, xa que a xente pode esbarar e partir algun oso. No tellado contamos mais de oito buracos por os que se filtra a auga que inunda as pistas, as paredes cheas de fungos pola umidade...
o arranxo de todo isto non precisa grandes cantidades de Euros Sr pensado, só un pouco de adicación a súa vila, e non esperar que vaia a mais, todos sabemos que vostede non e un entusiasta do deporte, pero o seu tenente de alcalde sí o foi, por el e por todos os Palenses que usamos o pabillon devería facer un esforzo, acheguese alí, e non espere mais.

O BNG CONSEGUE O SEU OBXETIVO por BNG palas

O BNG consegue o seu obxetivo de ter unha voz Galega en Europa.

Ana Miranda será diputada en europa durante un ano e medio segundo se pactou na coalición EUROPA DOS POVOS-VERDES xa que o BNG foi a forza politica integrada nesta coalición, que conqueriu unha maior porcentaxe de votos.

O indice de participación a nivel estatal sitúase por baixo do 50% o que significa que un grande numero de cidadans españois non se identifican co modelo actual de Europa.

O BNG de Palas de Rei quere agradecer a confianza dos Palenses que nos deron o seu voto, queremos que saiban que eses votos servirán para contibuir modestamente a construir un novo modelo de Europa, que responda as necesidades da maioria social.

ELECCIONS EUROPEAS Resultados de participación


Palas de rei, oito mesas constituidas e un censo de 3.401 habitantes.
Podedes ver os resultados de participación na nosa vila, provincia, Nación e Estado nos seguntes enlaces:
Palas de Rei
Lugo
Galiza
Estado Español

ELECCIONS EUROPEAS 2009 por BNG Palas

Para falar do modelo de Europa que queremos e das medidas que demanda o BNG para facer valer os dereitos e os intereses de Galiza na Unión Europea, imos celebrar un MITIN o sábado, 23 de maio, ás 20:30 horas, no centro socio - cultural de Monterroso.

Neste acto intervirán:

Marcelino Vazquez Responsábel local de Monterroso
Maribel Sanchez Deputada no Parlamento Galego
Cosme Pombo Candidato do BNG

Agardamos a vosa presenza.
un saudo
BNG palas

enterro de Castelao en Bonaval POR BNG PALAS


Aqui tedes un video recuperado de tve en Galiza do ano 1984, a retransmisión do enterro de Castelao en Bonaval, e a carga dos "marrons" contra a xente alí presente.

17 MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS


Xa queda menos para celebrar o dia das nosas letras, as Letras Galegas, o proximo domingo, iremos a Santiago a defender o que é noso, o noso dereito a vivir e falar como Galegos, para todos os que queirades vir, partiremos de diante do var Vilariño de Palas as 10:30, as 12:00 comenza a manifestazón na alameda de Santiago. Esperámosvos.

ELECCIONS EUROPEAS por BNG palas


Un programa en defensa da Europa dos pobos e das clases populares

O BNG pretende que no proceso de construción europea a voz galega estea presente, e se faga atendendo á plurinacionalidade e á pluriculturalidade dos estados da unión, o BNG defenderá esa Europa dos pobos que é o lema da nosa coalición.

Ademais, o noso programa ten en conta que estamos nun momento difícil para as clases populares de Galiza e para as clases populares do conxunto de Europa, asegurou é precisa unha voz forte que reclame a defensa dos servizos públicos e tamén que a crise non a sufran os máis débiles.


Dia das Letras Galegas. por BNG palas


El Presidente de la Xunta de Galicia Sr Feijóo, salió al paso de la manifestación celebrada en Santiago diciendo:
-"El Gallego es una señal clarísima de la cultura del país".
Pues no "mendrugo"... No es una señal, es nuestra lengua. las señales las hacían los fascistas.
- "Un idioma empieza a correr riesgos cuando se impone"
Va a correr riesgos su mandato fascista como intente prohibir o limitar el uso de nuestra lengua.
-"Creo que todas las manifestaciones en democracia son legítimas"
Lo que querías Tu el PP, y la P.. Iglesia, es que no hubiese democracia. Como hizo Franco el maestro de Fraga, que a su vez fue tu maestro.
-"No hay manual de galleguismo".
Pero si del fascismo, ¿Verdad Sr Feijóo?. Libros fascistas hay muchos escritos, pero gracias a la Stª Pasionaria, pocos les quedan por escribir.
Como decía un hombre sabio- "Si los hijos de puta volasen... no se vería el cielo".

¡¡SE LO DIGO EN CASTELLANO DE CASTILLA!!

( Grazas a susete70 por esta espectacular reportaxe sobre o dia das letras Galegas )





"Te voi dicir una cosa" Non nos extrañaría que dentro duns anos todos os galegos falásemos así, coa política que pretende por en marcha o pp, o galego non tardaría moito en desaparecer. Pero confiamos na cidadania Galega, esa que quere a Galiza e o seu idioma, esa que non vé imposición do Galego, senón que fala Galego porque quere, porque sabe que non é obrigado pero tamén sabe que se non intentamos garantir o dereito a estudar e vivir en Galego, estariamos traballando en contra do que defendimos no artigo 5 do estatuto de Autonomía, alí todas as forzas políticas votamos a favor dun artigo que dí que o Galego e a LINGUA PROPIA DE GALIZA e os poderes públicos están obrigados a potenciala nos destintos ambitos.
Ese artigo que tamén votou a favor o Sr. feijoo sendo vicepresidente da Xunta de Galiza e que agora quer derrogar. Sr feijoo, non sexa mintireiro, a vostede o Galego importalle pouco ou nada, e para eso ten o PP a eses radicais de Galicia bilingüe, que o único que teñen de bilingüe é unha lingua bífida, na contra de todo idioma dentro do Estado que non sexa o único que eles saben, o idioma Español. Sres do pp e de Galicia bilingüe, estuden, estuden Galego e verán como non é tan Malo, verán como nos entendemos entre nós e non só coas vacas, (que xa lle gostaría o Sr feijoo), verán como a lingua de Castelao,Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Vilar Ponte, Boveda, Otero Pedraio, Rosalia de Castro, e moitos outros, ten tanto ou mais que dicir que a lingua de Cervantes.

UN SÓ BNG

primeiro discurso do portavoz Nacional


O novo portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Guillerme Vázquez, deu hoxe o seu primeiro discurso ante o pleno da Asemblea Nacional, no que enfatizou que “unha vez que conclúe o debate actuemos ante a sociedade unidos como un bloque, como un só BNG”. “Así nos quere ver a sociedade galega e así nos vai ver apartir de agora, porque todos e todas somos o Bloque Nacionalista Galego”, asegurou.

Así mesmo, Vázquez asegurou que esta era “a Asamblea máis participativa da historia do BNG”, na que os militantes nacionalistas debateron a liña política a seguir. “Aquí non sobra ninguén e aínda fala moita xente”, afirmou, e asegurou que “os afiliados e afiliadas deben ser actores do BNG”.

Guillerme Vázquez amosouse convencido de que “entre todos conquistaremos a unidade, a lealdade e a confianza dentro do BNG, que segue sendo a mellor ferramenta para conquistar a emancipación social e nacional de Galiza”.

Tempos difíciles

“Vivimos tempos difíciles para o noso país e para o conxunto da humanidade”, asegurou Vázquez, quen criticou a ideoloxía implantada na “revolución conservadora de Reagan e Thatcher”, segundo a cal “a globalización vai traír a felicidade a toda a humanidade, co mercado convertido nun deus, nun becerro de ouro ao que adorar, no que o mellor sector público era o que non existía”.

Nesa liña, explicou que “vinte anos despois, esa política está hoxe en bancarrota e levou ao mundo á peor crise desde o 1929”. Criticou, xa que logo, a idea da fin das ideoloxías e lembrou que o imperialismo segue funcionando, “ocupando nacións soberanas, como Iraq, ou Afganistán, e negando os dereitos de pobos como o palestiniano, o sahariano”

Así, asegurou que o nacionalismo propón un modelo alternativo ao neoliberal, que defenda os dereitos dos traballadores e aposte pola economía produtiva.

De cara ao goberno central, Vázquez afirmou que o BNG estará disposto a apoiar o goberno central sempre cando varía a súa estratexia e apoie ás maiorías sociais. “O BNG ten claro quen provocou a crise”, asegurou.

Goberno galego

“A presenza do BNG no goberno galego tivo máis luces que sombras, levando a cabo un proxecto transformador, que se molestou a alguén foi aos que sempre se consideraron poder por riba dos cidadáns”, dixo, ao tempo que sinalou que a súa primeira preocupación será “recuperar a sintonía cos milleiros de cidadáns que nos retiraron o seu apoio”.

“O PP non ten programa para Galiza”

“O PP non ten un programa en positivo para este país, ten un programa en negativo”, afirmou Vázquez. “Non lles di á xente o que queren, dilles o que non queren: non queren que os nosos nenos aprendan a lingua nas galescolas, nin grupo lácteo galego, nin rede galega de servizos sociais, nin que as concesións eólicas redunden no interese público, explicou.

Nesa liña, afirmou que o PP “non ten nada de tecnocrático nin de neutro, veñen facer política pura e dura”, e acusounos de seren “a dereita máis reaccionaria de Europa”. Criticou que os populares galegos avalen teorías como “a da imposición do galego” e afirmou que Galiza non será plenamente democrática até que a nosa lingua teña os mesmos dereitos que o castelán.

Guillerme lembrou que o PP non acredita no autogoberno galego e que para eles Galiza será unha moeda de cambio para poñer “aos pes de Mariano Rajoy”.

Segundo Guillerme Vázquez, o PP “é derrotable en catro anos se facemos ben o noso traballo”. Para o novo portavoz nacional do BNG, a verdadeira dialéctica da política galega durante os 27 anos de existencia desta organización se estabeleceu entre os nacionalistas galegos e a “dereita españolista do Partido Popular”.

Eleccións ao Parlamento Europeo

Segundo Guillerme Vázquez, o BNG contrapoñerá nas eleccións europeas “o modelo neoliberal da UE co noso modelo social e democrático” e asegurou que é a Unión Europea a que impide a Astano construír barcos ou afecta ao noso sector lácteo.

Humildade

Vázquez asegurou estar disposto a traballar con “humildade e realismo” porque “eu só son un máis dos afiliados do BNG” e comprometeuse a visitar todas as asambleas comarcais e “poñer a orella” para escoitar as preocupacións da xente.

Rematou o seu discurso asegurando que “cumpriremos o soño dos devanceiros que xa no século XIX soñaban cunha Galiza máis xusta e soberana” e citando un poema de Uxío Novoneyra: “Sabemos que ti podes ser máis/sabemos que o home (e engado eu, a muller) pode ser máis”. “Tentarei non defraudarvos”, rematou.

GUILLERME VAZQUEZ NOVO PORTAVOZ DO BNG. por BNG palas


OBNG xa ten novo Portavoz Nacional.
O Pontevedrés Guillerme Vazquez Vazquez saiu elexido onte Portavoz Nacional do BNG.
Guillerme ainda que naceu en Pontevedra, onde é concelleiro, ten moita relación coa nosa vila pois os seus pais son naturais de Palas, tamén o seu fillo vive en palas onde se instalou fai anos coa súa familia. En Santiago foi onde se formou como Medico co noso Alcalde Fernando Pensado, seguro que ten moitas anecdotas deses tempos. Algun dia entrevistaremolo.
Dende o BNG de Palas queremos darlle a noraboa a Guillerme, porque sabemos que desenpeñará o seu cargo con humildade e mirando polo ben de Galiza e dos Galeg@s.
Logo de que correran rios de tinta anunciando os "problemas internos do BNG" demostrouse que o BNG despois desta Asemblea Nacional saiu mais unido como dixo o cabeza de lista da candidatura de +BNG Carlos Aymerich "A partir de mañá non hai nin 'Alternativa pola Unidade' nin 'Máis BNG'. Somos todos BNG e imos traballar no grupo parlamentario, na Executiva e no Consello Nacional para que este proxecto que nos une, que é o proxecto común do BNG, avance e poida retirar ao PP do Goberno en catro anos", proclamou.

CONCENTRACIÓN A FAVOR DO SECTOR LACTEO por BNG palas

Escasa asistencia de gandeiros a concentración a favor do sector lacteo Galego en Palas de Rei. Así podería ser un titular en calquera xornal que maña saia a rúa.
Mais da metade de asistentes a esta concentración pertencian a outros negocios non vinculados directamente (ainda que sí de forma indirecta) ao sector leiteiro.
Que lle pasa aos nosos gandeiros?. En tempos de crise como os que estamos a vivir, e dada a situación na que eles están inmersos, sen que o que cobran polo leite lles cubra os gastos de producción, e as compañias leiteiras deixen xa de recollelo, non participan con gañas nunha concentración, que devería ser manifestación, a favor do seu sector. Agora non vos podedes render, logo da manifestación en Madrid, por qué agora permanecemos calados nunha concentración na nosa vila?, acompañavos todo o comercio de Palas e concellos limitrofes, a xente votase a rúa para manifestar o seu desacordo coa política que o governo central está a levar a cabo nesta materia, e o unico que se nos ocorre é poñer o Sr. Horacio Rouco representante do partido que está no goberno, deixando entrar o leite de Francia a catro pesetas, o frente da pancarta.


Non é normal que a pancarta a carrexen os catro políticos de turno, o Alcalde de Palas (PP), o alcalde de Friol (PP) o tenente alcalde de Monterroso (PSOE), o concelleiro de Palas (PSOE) a concelleira de Antas (PSOE).
Toda esta xente non loitou no seu momento por a creación do grupo lacteo, que tan ben nos iria agora. Imaxinade unha empresa GALEGA que se dedique a recoller o leite os gandeiros Galegos e se precisa mais , o resto do estado Español, pero primeiro os Galegos.

Agora non estariamos a falar de que non me recollen o leite, paganmo por debaixo do custo, ...
Señores deixemos de lamentarnos e pasemos a acción, a proxima MANIFESTACIÓN ten que ser masiva, temos que acudir todos e todas a reclamar o que é noso, non nos podemos calar diante dos governos da Xunta nin de Madrid porque eles non nos dan de comer, a proxima manifestación non pode ser silenciosa como a que hoxe se viviu en todos os concellos da Galiza, ergamos a voz e que nos escoiten en Santiago, en Madrid, en Europa, SOMOS LABREGOS/AS, E NON NOS ESCONDEMOS - GOBERNOS SOLUCIÓN - FEIJOO GRUPO LACTEO XA - ZAPATERO O LEITE FRANCÉS NON É ESPAÑOL.
Labregos /as de Palas de Rei e de Galiza, contade co noso apoio sempre, estamos o voso carón.
un saudo. BNG Palas de Rei.

CONCENTRACIÓN A FAVOR DO SECTOR LACTEO por BNG palas


Compañeiras/os, e veciños de Palas de Rei e arredores.

Como ben sabedes o Sector Lácteo está pasando por un momento crítico. Os veciños de Palas de Rei debemos participar activamente na defensa dun sector estratéxico para a nosa Nación.

O vindeiro venres ás 12 da mañá celebraremos unha concentración, convocada polos sindicatos agrarios e as cooperativas, en Palas de Rei.

Agardamoso a vosa asistencia, recibide un saúdo.

Dia das Letras Galegas. por BNG palas


O vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela producirase unha manifestación histórica en defensa da Lingua que nos une como Galegas e como galegos. Para reivindicarmos o dereito básico a podermos vivir no noso idioma propio, o cal debe ser garantido polos poderes públicos.
Vemos con preocupación como o PP, desde a Xunta de Galiza, pretende desmantelar puntos básicos da oficialidade do Galego, como o amparo xurídico en aspectos tan fundamentais como o ensino. Levar a cabo medidas de ataque contra o Galego supón un perigo de confrontación indesexábel e de fractura social, ademais de ir contra acordos unánimes do parlamento e vulnerar o espírito e a letra do artigo 5 do Estatuto de Autonomía, que sinala o Galego como LINGUA PROPIA DE GALIZA e a obriga dos poderes públicos de potenciala nos diferentes ámbitos.
Nos últimos meses, repetiuse desde diferentes grupos de poder a falaz idea de que hai un proceso de “imposición del Gallego”, presentando, con cinismo, o mundo ao revés. A realidade do dia a dia e de todos os estudos sobre o tema desmontan esa mentira. Así, o Consello de Europa advertiu nun contundente informe de finais de 2008 que en Galiza non se están a cumprir tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e que non hai garantías mínimas para este idioma en sectores tan importantes como o sistema educativo, os servizos públicos, a xustiza ou os medios de comunicación.
Así mesmo, a Real Academia Galega vén de publicar un estudio sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente en Galego. Perante a necesidade de respostas por parte da Sociedade Galega animamos a:

*Participar nos actos de mobilización en defensa da nosa lingua, na manifestación convocada para o 17 de maio ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.