BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

O BNG expresa a "súa repulsa e condena pola ofensiva irracional de ETA" e solidarízase coas vítimas



Santiago de Compostela, 30 Xullo 2009. O BNG expresa a “súa repulsa e condena pola ofensiva irracional de ETA” que en vintecatro horas cometeu dous brutais atentados.

O BNG quer amosar en primeiro termo a “súa solidariedade coas familias e achegados das dúas vítimas mortais do atentado deste mediodía en Palmanova, no municipio mallorquín de Calviá, e tamén cos moitos feridos debido á brutal acción de ETA”. Polo de agora, só se sabe que morreron dous axentes da Garda Civil e que se contabilizan varias persoas feridas.

O BNG deixa claro que ETA “erra por completo se pensa que vai doblegar ao Estado de Dereito coa violencia sen sentido. A democracia ten recursos suficientes para derrotar ao terrorismo”. Os nacionalistas galegos amosan “o horror do BNG por esta escalada de violencia terrorista que repugna a conciencia democrática e pacifista do pobo galego”.

Ademáis, os nacionalista galegos realizan un chamamento “á unidade de todas as forzas políticas democráticas como o instrumento fundamental para derrocar o terrorismo”.

Jorquera asiste á xunta no Congreso ás 18.30 horas

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, asistirá esta tarde, ás 18.30 horas, á xunta convocada na Cámara Baixa con todas as forzas políticas e axentes sociais para expresar a condena polos dous atentados da organización terrorista, o de onte en Burgos e o de hoxe en Mallorca. Ao remate da xunta procederáse á leitura dun comunicado conxunto.

SINALIZACIÓN TURISTICA NA ULLOA

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, o NACIONALISTA Antón Bao, responsábel das areas de Cultura Deporte e turismo, conta con que a sinalizacion turística da comarca da ULLOA estará rematada no mes de agosto, segun establece o contrato de adxudicación do proxecto.
Este proxecto conta cun presuposto de 137.576 euros aportados pola Diputación provincial.
O que os Nacionalistas queremos conseguir con este proxecto non é so sinalizar monumentos como o mosteiro de vilar de donas ou o castelo de Pambre, senon temén outros espazos dinamizadores da comarca como poden ser cooperativas como milhulloa no Coto, ou esplotacions ecolóxicas como no caso de arqueixal en Albá.
O proxecto aprobado no mes de Febreiro consta de trece mesas interpretativas e seis monolitos, que serán instalados nas distintas estradas de acceso a comarca.

Tamen no noso concello (palas de Rei) acondicionarase a ruta das torrentes de Macara o longo do rio Ulla.

UN DIA DA PATRIA GALEGA MASIVO por bng Galiza


Era o que o País necesitaba: un Día da Patria Galega masivo para patentizar que esta nación continúa viva e que non vai renunciar a defender os seus dereitos. Unhas 20.000 persoas -algún meio de comunicación sinalou esta como a manifestación máis numerosa dos últimos anos- rebordaron as rúas do casco vello e desbordaron os límites da Praza da Quintana. Unha resposta cívica, festiva e moi emotiva ante as agresións que o Goberno Feijóo en apenas 100 días de exercicio ten perpetrado contra a nación galega e os seus sinais de identidade, a comezar pola lingua.
O BNG ofreceu a imaxe dunha organización que, unha vez feitos os deberes internos, ten folgos de abondo para construír a alternativa ao Partido Popular e derrotar en catro anos o proxecto reaccionario e anti-galego de Núñez Feijóo. Como adoita dicir o portavoz nacional, "hai pobo, hai vida, hai esperanza"

.DOUS ALICERCES BÁSICOS: O discurso de Guillerme Vázquez na Quintana construíuse sobre dous alicerces básicos: primeiro, transmitir a idea de que o BNG está aquí e non vai claudicar, perante o conformismo dos partidos españois en Galiza, que xa andan a argallar unha reforma do Estatuto para consolidar a presenza do noso País na Segunda División do Estado; segundo, espallar coa mesma enerxía a determinación do BNG de combater e vencer o Partido Popular e o que este significa tanto no eixo da política nacional como no plano da política social.Pasan, portanto, por que o nacionalismo, cohesionado e reilusionado, traballe duro estes catro anos para persuadir ao conxunto da sociedade de que as solucións aos nosos problemas non pode vir dun partido da dereita españolista, senón dunha forza política propia do País e claramente comprometida cun modelo social favorábel ás maiorías.

O BNG está aquí e non vai claudicar perante o conformismo dos partidos españois que queren unha Galiza de Segunda División