BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

EU SON ANXO QUINTANA bng palas de rei

EU SON ANXO QUINTANA.
Este e o titulo dun video que vai dar moito que falar estes dias de precampaña.
Non vos vou a contar nada del, poderedes ollalo en www.quin.tv o video blog de anxo quintana.

RESPOSTA O ALCALDE DE PALAS bng palas de rei

Bos dias a tod@s:

Ante as declaracións feitas públicas polo alcalde de Palas de Rei, o popular Fernando Pensado, nas que acusa á Consellería de Cultura e á Delegación de Patrimonio de impedir investimentos no concello por valor de 10 millóns de euros, o BNG de Palas, a través do seu portavoz, Manuel Pardellas, quere poñer de manifesto que ditas afirmacións non son certas e que o que fan é “evidenciar a incapacidade do alcalde popular para sacar adiante proxectos para o concello”.

Despois de máis de 20 anos de goberno do Partido Popular e do Sr. Pensado de alcalde, Palas segue a perder posicións na súa comarca natural, A Ulloa.

Para o BNG resulta sorprendente que Pensado acuse á Consellaría de Cultura de terlle paralizado o PXOM cando xa fai máis de ano e medio que a Dirección Xeral lle pedíu, como llo demanda a todos os concellos, que a documentación que se lle remitíu fose correctamente dilixenciada, mandándoselle incluso un modelo para facelo, ao que o alcalde de Palas de Rei non deu resposta. Como tampouco deu resposta ás máis de 400 aloegacións que presentaron os veciños e veciñas, alegacións das que non se sabe nada a día de hoxe. Polo tanto a responsabilidade de que o Plna Xeral non avance é claramente municipal, e máis concretamente do alcalde, que é incapaz de xestionar o concello.

En canto aos investimentos que o alcalde di que están paralizados, o BNG ten que indicar que é a propia lexislación (Lei do Solo e Lei do Patrimonio de Galiza) as que establecen cando debe emitir informes a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellaría de Cultura, e que se actúa en base a esa normativa. En todo caso Pardellas indicou que “a empresa que estaba pendente do informe xa o recibíu e é favorábel, tendo constancia del o concello de Palas desde o día 5 de xaneiro, xa que se lles remitíu con acuse de recibo, o que demostra claramente que o alcalde minte de maneira intencionada”.

No caso da cooperativa Melisanto foron requeridos en decembro para solverntar algunhas cuestións pendentes, pero a Dirección Xeral non lles denegou nada. Loxicamente a realización de calquera proxecto que lle poda afectar ao camiño de Santiago, a maior riqueza do concello de Palas, tén que estar supeditada aos informes preceptivos das administracións correspondentes.

Para o BNG de Palas as declaracións do alcalde popular poñen de manifesto “o seu temor a que o partido popular siga perdendo votos en Palas, pois ve perigar o seu futuro político”. Para Manuel Pardellas o sr. Pensado debería preocuparse máis por colaborar coas distintas administracións e por xestionar acaidamente os fondos do concello e deixarse de facer declaracións que faltan á verdade”. “Xa se ve o que avanzou Palas en todos os seus anos de alcalde”.

AQUI TEDES A NOVA PUBLICADA NA VOZ DE GALICIA

Parte inferior do formulario

El alcalde de Palas de Rei acusa a Patrimonio de impedir inversiones por diez millones

El alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado Barbeira, responsabiliza a la Dirección Xeral de Patrimonio y a la Consellería de Cultura de la paralización de proyectos en el municipio por un importe de cerca de 10 millones de euros. El mandatario, que dejó patente su gran descontento con ese departamento de la Xunta, aseguró que las trabas son de carácter burocrático y afectan tanto a iniciativas del organismo municipal como de empresas y personas a título particular.

Según este criterio, los proyectos que están paralizados podrían crear entre 30 y 40 puestos de trabajo, por lo que la actitud es especialmente cuestionable en este momento en el que hay una situación económica delicada. El mandatario aseguró que nunca tuvo ningún enfrentamiento con ese departamento ni existe un motivo para la que considera especial persecución mediante trabas. Ironizó dando las gracias por su actitud a los responsables de la consellería porque, según dijo, les queda poco tiempo.

Empresa y cooperativa

Entre los damnificados citó una empresa de ropa deportiva, que adquirió una parcela de 9.500 metros cuadrados en el polígono industrial, en el que pretende llevar a cabo un proyecto que incluye la construcción de una nave de 4.500 metros cuadrados útiles. «Entrégase o proxecto a Patrimonio e rexéitano unha primeira vez, vólveno rexeitar unha segunda cando, se hai algo que corrixir, pódeno autorizar condicionado», afirmó Pensado Barbeira.

Otro caso que considera sangrante es el de la cooperativa agrícola melidense Melisanto. Esta entidad compró más de un centenar de hectáreas de terreno en el lugar de Vilar do Monte, para instalar allí un centro de recría de ganado vacuno, con una inversión prevista de 600.000 euros. Según señaló el alcalde, a pesar de que la finca está a tres kilómetros del Camino de Santiago, es necesario el informe de la Consellería de Cultura porque el ámbito de esa vía es parroquial y el Camino afecta a la parroquia de San Pedro de Meixide, a la que también pertenece Vilar do Monte. «Neste caso os cooperativistas presentaron o proxecto en tres ocasións, e na última aínda puxeron máis pegas», manifestó Pensado.

Asegura que hay más casos que afectan a particulares, aunque de menor envergadura.