BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

Un inquérito do xornal PÚBLICO outorga ao BNG o 1,4 % do voto estatal, o mellor resultado na serie histórica


O Bloque Nacionalista Galego obtería un 1,4 por cento do voto estatal de se celebrar nestes momentos unhas eleccións xerais, de acordo co inquérito feito público hoxe por Público.

Trátase do mellor resultado do BNG nos inquéritos que vén publicando o rotativo madrileño desde as xerais de 2008. Naqueles comicios o BNG acadou un 0,8 por cento do voto, o que supuxo senllas actas para Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila.

O inquérito confirma a liña ascendente que o BNG experimenta desde Outubro de 2009O 1,4 por cento que lle atribúe Público á formación nacionalista é unha décima superior ao inquérito de Xuño e confirma a liña ascendente que a organización frentista marca nestes inquéritos desde Outubro de 2009 (cando choutou até o 1 por cento do voto estatal). Xa en Xaneiro, o salto foi até o 1,2 por cento, cifra que se mantivo en Maio e que deu un novo pulo en Xuño até o 1,3 por cento, para situarse agora neste traballo de Outubro no patamar do 1,4.

De acordo coa estimación de Público, o BNG converteríase na segunda formación nacionalista en apoios electorais de todo o Estado. Só ficaría por diante CiU.

O 1,4 que marca este inquérito de Público superaría o mellor resultado histórico do BNG nunhas eleccións xerais, o obtido en 2000 cando a formación nacionalista conseguiu tres escanos e se alzou co 1,32 por cento do voto estatal.

FOLGA XERAL

Escasa participación, (por non dicir nula,) no noso concello, no seguimento da folga xeral convocada para hoxe, polos sindicatos, para protestar por a reforma laboral que o goberno do PSOE ven de aprobar, recortando así os dereitos de todos os traballadores.

Non foi así no resto do país, onde as manifestacións convocadas pola CIG, dobraron en numero de participantes as convocadas por UGT-CCOO. segundo os sindicatos a participación na folga, nestes momentos ronda o oitenta por cento (80%), o cal é varios puntos superior as anteriores folgas xerais.

dende o BNG de Palas agardamos que o goberno do PSOE, rectifique e anule esta reforma pois con ela pérdense todos os dereitos polos que os traballadores de Galiza e do resto do Estado loitaron.
Con esta reforma voltase a os dereitos que os traballadores tiñan no século XIX, isto é cen anos atrás.

CIG analise da reforma laboral

Aquí vos deixamos un enlace coa análise da reforma laboral e as alternativas que a CIG (sindicato nacionalista) propón.
Descarga nesta ligazón o arquivo co folleto da folga xeral do dia 29.

POSICION DE GALIZA NOVA ANTE A FOLGA

http://www.youtube.com/telebng#p/u/1/KWWx8MK2wMY

Guillerme chama a que o 29-S sexa o inicio da "rebelión social" contra as políticas antisociais do PSOE e do PP

Guillerme saúda a unha veciña da cidade durante o reparto

Santiago de Compostela, 25 Setembro 10. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Váquez afirmou hoxe que as medidas adoptadas polos gobernos galego e central para saír da crise económica “ non son a solución” e incidiu que por esta vía, están a plantexar “políticas inasumíbeis” para a sociedade galega. A folga é “necesaria” para forzar a rectificación desas políticas, considerou.

O portavoz nacional do BNG realizou estas declaracións logo de participar no reparto do díptico O 29 de Setembro, MÓVETE e defende os teus dereitos, un acto informativo no que estivo acompañado polo alcalde, Miguel Fernández Lores, e diversos membros da corporación municipal e militantes do Bloque Nacionalista galego.

Un momento do reparto

O portavoz nacionalista denunciou que as políticas do Goberno da Xunta non deixan de ser “unha prolongación das políticas do señor Zapatero, pero en versión cutre” e emprazou á sociedade galega a transmitirlle a ambos que “deben mudar de posición”.

SECTORES MÁIS VULNERÁBEIS

Guillerme reiterou o apoio do BNG á folga xeral e animou a sociedade galega a mobilizarse o vindeiro 29 de Setembro contra as medidas que están a “prexudicar gravemente” os sectores máis vulnerábeis como son “os mozos, os pensionistas ou as mulleres”.

Neste sentido, indicou que a única maneira de “frear esta involución social e económica” é mobilizarse porque non existe outra posibilidade para facer retroceder aos gobernos e as medidas que están a aplicar contra a maioría social- aseverou-.

Finalmente, o portavoz do BNG considerou que a folga xeral do 29 de setembro “non pode ser o punto de chegada senón que debe ser o de partida” dunha rebelión social para dicirlles aos gobernos que se están a equivocar e deben mudar.

O Consello Nacional aproba por unanimidade o informe da Executiva e o Plan de Traballo para o novo curso

Santiago de Compostela, 16 Xaneiro 2010.- O Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, anunciou hoxe que esta formación política afronta o novo curso co obxectivo de seguir a liderar a oposición ao PP e prepararse para chegar nas mellores condicións aos próximos comicios municipais.

Guillerme Vázquez explicou que o instrumento para conseguir este obxectivo será o Plano de Traballo que foi aprobado por unanimidade no Consello Nacional que o BNG celebrou esta mañá en Santiago e salientou que o paro e a crise, que nestes momentos son os principais problemas da poboación, terán atención preferente por parte dos nacionalistas.


Guillerme Vázquez, durante a súa intervención perante os membros do Consello Nacional

Neste sentido, criticou que malia as cifras “escandalosamente altas” do paro ningún dos gobernos, nin o do Estado nin o galego, son capaces de pór enriba da mesa propostas políticas que fagan mudar esta situación, síguen a considerar como “grandes panaceas” a redución do déficit público ou o abaratamento do despido, que defende Rajoy.

Para o portavoz nacionalista, resolver o veto a Navantia, os problemas do sector lácteo e pesqueiro e as eivas en infraestructuras tamén é falar de emprego, por iso o BNG vai esixir unha resposta a estes asuntos por parte do goberno central, aproveitando a presidencia da UE, para que asuma os compromisos adquiridos, ademais, no Congreso.

Defensa do galego:
Como non podía ser doutro xeito, a batalla en defensa do galego figura igualmente entre as prioridades dos nacionalistas no seu plan de traballo, afirmou Vázquez, quen lembrou o apoio do BNG á folga e manifestación do próximo día 21 para parar o decreto e reiterou que Feijóo ten que retirar o dito decreto, “sigo preguntándome –dixo- a que ten que esperar; el sempre fala de que hai que pulsar a sociedade e a sociedade xa está posicionada claramente en contra”.

Caixas

Sobre as Caixas, Guillerme Vázquez valorou o papel decisivo do BNG para ter chegado até aquí no seu debate pero advertiu de que agora hai que aplicar a lei aprobada e impulsar decididamente a fusión e o BNG vai traballar nese sentido, dixo.

Engadiu que haberá unha oposición frontal dos nacionalistas ao “deseño centralista” que segue estando enriba da mesa e acusou de “quintacolumnistas” do poder central aos sectores que están a defender en Galiza a posición do Estado en contra da fusión. “Non nos imos deixar amedrentar e se o goberno pretende recurrir a lei atopará a nosa resposta, modesta pero contundente, política e social”.

Haiti

O portavoz nacional do BNG non quixo rematar a súa comparecencia ante os medios sen facer unha referencia á traxedia que está a padecer o pobo de Haití e pediu un pouco de “dignidade” por parte do goberno galego ante unha catástrofe desta magnitude.

Vázquez asegurou que é moi difícil de xustificar a aportación raquítica da Xunta e explicou que se non se vai facer unha colaboración acorde coa traxedia é preferible retirar a rídicula axuda.