BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

Os investimentos en Palas de Rei van da man do BNG


Durante esta lexislatura, a Vicepresidencia da Xunta de Galiza e as Consellarías que dirixe oBNG desenvolveron medidas de importante calado económico e social como o Banco de Terras, a lei de Vivenda, O Decreto Eólico ou a Lei de Servizos Sociais, pero tamén puxeron en marcha programas e servizos públicos para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Ademais das axudas ao sector agrario e forestal, a rehabilitación de vivendas ou ás actividades culturais.
A Vicepresidencia da Xunta de Galiza, que dirixe Anxo quintana, converteu o benestar social e a atención ás persoas maiores e dependente nun dos nosos alicerces da acción de goberno do BNG na Xunta. Máis equipamentos públicos, máis recursos humanos e económicos e máis e mellor atención ás persoas dependentes. Tamén os concellos viron aumentados os recursos. O investimento PASOU DE 19 MILLONS EN 2005 AOS 60 MILLONS DE EUROS NO 2008, para apoiar os servizos sociais municipais e crear o Sistema Galego de Benestar. Un claro exemplo son os case 650.000 euros que reciviu PALAS DE REI da Vicepresidencia da Xunta de Galiza nesta lexislatura para os diferentes servizos sociais.
Tamén a Consellaría de Innovación e Industria, dirixida polo nacionalista e lucense Fernando Blanco, só no ano pasado investiu máis de 1.850.000 euros en actuacións como a reforma do albergue de palas (800.000 euros), ou a construcción do albergue de Seixas ( 450.000 euros).
O compromiso da Consellaría de Industria co noso Concello maniféstase para o ano 2009 con partidas que pasan dos 2.000.000 de euros: continuación de obras nos albergues e melloras na subministración eléctrica, con mais de 600.000 euros de orzamento.
Moi importantes para o desenrolo do medio rural do noso concello foron os máis de 950.000 euros que a Consellaría de Medio Rural investiu en actuacións forestais de repoboación, creacción de accesos e infraestructuras agrarias. Nestes catro anos de intenso traballo por parte dos nacionalistas á fronte da Consellaría de Medio Rural, no noso concello realizáronse obras de abastecemento e saneamento de S. Miguel de Coence,(370.000 euros) as melloras no Monte veciñal de Mosteiro(260.000 euros) ou as melloras nos camiños de Xeré, Faxilde, Cubelo e Lestedo e a pavimentación da vía pública en Marzá que xuntaron un investimento superior aos 150.000 euros
Dende a Consellaría de Cultura e Deporte, ademais doutras axudas directas e indirectas a diferentes entidades e asociacións culturais e deportivas, restaurouse a espadana da igrexa, así como os muros no Mosteiro de Vilar das donas (40.000 euros) Ademáis, desde a Dirección Xeral de Patrimonio, pulouse pola consecución da apertura ao público do Castelo de Pambre. E a Dirección Xeral de Patrimonio abriulle expediente ao dono do castelo polo incumprimento reiterado da Lei do Patrimonio Cultural de Galiza, que obriga aos donos dos Monumentos BIC (Bens de Interese Cultural) a abrilos ao público de xeito gratuíto un minimo de catro dia ao mes.

O BNG ASPIRA A CONTAR CO APOIO DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE PALAS DE REI para consolidar os avance acadados e mellorar os servizos públicos e a calidade de vida das persoas do noso concello.


A túa forza
move este País VOTA BNG a forza que fai País
queremos máis!