BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI
CIG analise da reforma laboral
Guillerme chama a que o 29-S sexa o inicio da "rebelión social" contra as políticas antisociais do PSOE e do PP
Guillerme saúda a unha veciña da cidade durante o reparto
Santiago de Compostela, 25 Setembro 10. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Váquez afirmou hoxe que as medidas adoptadas polos gobernos galego e central para saír da crise económica “ non son a solución” e incidiu que por esta vía, están a plantexar “políticas inasumíbeis” para a sociedade galega. A folga é “necesaria” para forzar a rectificación desas políticas, considerou.O portavoz nacional do BNG realizou estas declaracións logo de participar no reparto do díptico O 29 de Setembro, MÓVETE e defende os teus dereitos, un acto informativo no que estivo acompañado polo alcalde, Miguel Fernández Lores, e diversos membros da corporación municipal e militantes do Bloque Nacionalista galego.
Un momento do reparto
O portavoz nacionalista denunciou que as políticas do Goberno da Xunta non deixan de ser “unha prolongación das políticas do señor Zapatero, pero en versión cutre” e emprazou á sociedade galega a transmitirlle a ambos que “deben mudar de posición”.SECTORES MÁIS VULNERÁBEIS
Guillerme reiterou o apoio do BNG á folga xeral e animou a sociedade galega a mobilizarse o vindeiro 29 de Setembro contra as medidas que están a “prexudicar gravemente” os sectores máis vulnerábeis como son “os mozos, os pensionistas ou as mulleres”.
Neste sentido, indicou que a única maneira de “frear esta involución social e económica” é mobilizarse porque non existe outra posibilidade para facer retroceder aos gobernos e as medidas que están a aplicar contra a maioría social- aseverou-.
Finalmente, o portavoz do BNG considerou que a folga xeral do 29 de setembro “non pode ser o punto de chegada senón que debe ser o de partida” dunha rebelión social para dicirlles aos gobernos que se están a equivocar e deben mudar.