BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

Guillerme: "O BNG é o cambio real , o cambio que promete o PP xa o sufrimos en Galiza"


Santiago de Compostela , 1 de outubro , 2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez afirmou hoxe, no acto de clausura da Xornada de traballo de preparación da campaña Xerais 2011 que: “o BNG é o cambio real en Galiza. O cambio que promete o PP xa o levamos sufrindo durante estes dous anos e medio todos os galegos e galegas”.
"Grazas a Feijóo, a caixa galega vai ser vendida barato, barato, barato. é un rotundo fracaso do PP"Na xornada de traballo celebrada na cidade de Compostela aberta á participación dos candidatos e candidatas ao Congreso e Senado así como aos membros do Consello Nacional, portavoces municipais e responsables locais e comarcais, o portavoz do BNG asegurou que “imos pelexar cunha campaña de proximidade, falando cos galegos, un a un para mellorar os resultados de hai catro anos”.

Intervención de Xosé Manuel Pérez Bouza
O voceiro nacionalista asegurou que o BNG, “ é a única alternativa e forza política útil fronte a estulticia e o desinterese dos demais para promover cambios na política económica para a maioría da sociedade”."Imos pelexar cunha campaña de proximidade, falando cos galegos un a un, para mellorar os resultados de hai 4 anos"Na súa intervención, Guillerme Vázquez non escatimou duras críticas á xestión do Presidente da Xunta ante a bancarización da Novacaixadegalicia e aseverou que grazas á xestión de Feijóo, “a caixa galega vai ser vendida barato, barato” constituíndo -dixo- “un rotundo fracaso do Partido Popular”.
"Feijóo tómanos o pelo. primeiro presentou como un éxito que Ncg valería o 15 por cento. agora é menos do 7"Neste sentido, engadiu, que “Feijoo segue a tomarnos o pelo, primeiro presentou como éxito que NCG valería o 15 %. Agora resulta que vai ser o 7.” e dende o BNG temos claras as nosas prioridades que non pasarán pola “conta de resultados dos banqueirose e especuladores ”, nós –dixo- “loitaremos para que Galiza teña base produtiva para poder vivir e traballar na nosa terra e serán os problemas da xente, pensionistas, xovenes e todos aqueles que están padecendo a “política letal para Galiza”.
O Portavoz do BNG concluíu a súa intervención cualificando de “fructífera” a xoranda de traballo na que tamén participaron a directora de campaña e secretaria de Organización, Montse Prado e o secretario de Alternativas Programáticas Xoán Carlos Bascuas e a animando aso asistentes a “gañar este partido” porque o empate –dixo- “non nos vale”, necesitamos un cambio real que só pode vir da man de alternativas diferentes ao Partido Popular, o Partido Socialista ou da Emperatriz Merkel.

Guillerme: "A solución á crise non vai estar no R, de Reforma, Rajoy ou Rubalcaba, senón no G, de Galiza e de BNG"

                                                                Un aspecto do acto.
O voceiro nacional presenta unha “ofensiva política de proximidade” para achegar aos cidadáns unhas propostas “diferentes, sensatas, necesarias e posíbeis” alternativas á opición de “máis dereita”
  O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou hoxe que a solución á crise non vai estar no “R, nin no R de reforma, nin no de Rajoy nin node Rubalcaba, senón no G de Galiza e de BNG”, pois é a única opción política que garante a necesaria alternativa fronte ás propostas de “máis dereita”.
 
Jorquera nun momento da intervención “É unha constatación que os problemas xerados pola dereita, pola política da dereita non atoparán solución con máis dereita, é absolutamente imposíbel”, engadiu.

Guillerme Vázquez, no acto de presentación das candidaturas ao Congreso e ao Senado celebrado esta mañá en Santiago, en San Domingos de Bonaval, explicou que as propostas do BNG interesan á maioría social e tamén a Galiza como País, pois “fronte aos que difunden a resignación, o conformismo ou que a vía das solucións está en máis do mesmo, nós dicimos: orgullo, autoestima, dignidade e ánimo. A alternativa é o BNG, a nosa disposición a conquistar un futuro distinto e mellor, o que nos merecemos como pobo e como galegos, distinto do que nos poñen enriba da mesa PP e PSOE”.

FORZAS POLÍTICAS PROPIAS
Olaia arroupada polos candidatos e candidatas Para o voceiro nacionalista, o que lle interesa a Galiza é o BNG, como a vascos e cataláns lles interesa contar con forzas políticas nacionalistas no Congreso e no Senado capaces de defender os seus intereses específicos.

Guillerme Vázquez presentou aos candidatos e candidatas, a dous meses das eleccións, satisfeito porque o BNG ten xa o traballo feito, as súas listas elexidas e un programa claro e alternativo ao que está propondo a “dereita única”, un programa con propostas “diferentes, posíbeis, sensatas e necesarias para saír da crise na que nos teñen metido PP e PSOE coas súas políticas absolutamente fracasadas e letais para a maioría da sociedade”.

ACHEGARSE A MILLEIROS DE GALEGOS E GALEGAS
María Xosé Vega reivindicando a rexeneración democrática.
O obxectivo de dar a coñecer estas alternativas, o voceiro do BNG informou de que esta formación vai iniciar unha “ofensiva política de proximidade” na que participarán activamente tanto os candidatos e candidatas como a militancia e o conxunto da organización, co obxecto de achegalas a milleiros de galegos e de galegas.

Guillerme Vázquez reiterou que é mentira que a crise só teña a saída que impoñen Merkel, o Banco Central Europeo, Rajoy o Rubalcaba, “as súas propostas non son unha saída para a crise –dixo- senón todo o contrario, significan máis e máis crise para a inmensa maioría, como está demostrado”.

Neste sentido, lembrou que a reforma da Constitución non deixa lugar a dúbidas e evidencia que a única oferta que fan á sociedade tanto Rajoy como Rubalcaba é a de que se sigan apretando máis o cinto a maioría para que a minoría sega gañando máis e máis.

O acordo entre o PP eo PSOE sobre a Constitución deixa tamén claro, na súa opinión, que non é tempo de alternancias e si de alternativas e en Galiza esa alternativa é o BNG.

FRANCISCO JORQUERA
Pola súa parte, o cabeza de lista pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, defendeu que outra política fiscal é posíbel para asegurar o sostemento das finanzas públicas sen recortar o investimento produtivo, imprescindíbel para favorecer a recuperación económica, e sen recortar o gasto social, imprescindíbel para garantir a cohesión e o benestar da sociedade.

Jorquera expuxo que o BNG aboga por unha reforma fiscal integral que mellore a progresividade do sistema impositivo elevando a presión fiscal sobre as rendas máis altas, o que permitiría uns ingresos de 8.000 millóns de euros ao ano, e acabando coas escandalosas bolsas de fraude fiscal, que suporía uns ingresos adicionais de 25.000 millóns.

Trátase, dixo, de pór fin á “inxustiza” do actual sistema, que recae especialmente nas rendas medias e baixas e que sitúa ao estado español á cabeza de Europa en fraude; tamén a presión sobre as rendas máis altas é en España dez puntos inferior á media europea e o gasto social por habitante é netamente inferior.

MARÍA XOSÉ VEGA BUXÁN
A cabeza de lista pola provincia de Lugo, María Xosé Vega Buxán, defendeu a aposta do BNG pola rexeneración democrática, por consolidar a calidade do sistema e recuperar a confianza dos cidadáns nos políticos, danada polas moitas prácticas de corrupción mal resoltas, opacidade dos cargos públicos ou sometemento dos políticos e das súas actuacións aos mercados.

“Nós representamos unha forza política que tivo sempre e ten como obxectivo as maiorías sociais, somos e actuamos como representantes desas maiorías e non presionados por poderes que non teñen a lexitimidade democrática que outorgan os cidadáns”.

XOSÉ MANUEL PÉREZ BOUZA
O cabeza de lista pola provincia de Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, explicou que o BNG, fronte aos recortes en gasto produtivo presenta unha serie de alternativas que tamén reducen gastos, pero improdutivos e innecesarios, como ministerios sen competencias, gasto militar e supresión das deputacións.

Pérez Bouza, cabeza de lista por Ourense Trátase de actuar e intervir na administración pública con criterios de racionalidade grazas ao que se poderían obter 10.000 millóns de euros para gasto produtivo, é dicir, para gasto que reforce o estado de benestar.

OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA
A cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila, encargouse de amosar o compromiso do BNG cos sectores produtivos básicos do País e lembrou que é un compromiso máis que demostrado, a prol do sector lácteo (para garantir uns prezos en orixe xustos para os gandeiros); do sector pesqueiro (fronte aos importantes recortes de cuotas da frota galega) ou do sector mineiro (con rexeitamento rotundo ao decreto do carbón).

Fernández Davila fixo mención especial ao sector naval , non só ao seu dereito a producir e a necesidade de garantir carga de traballo senón tamén fronte á “manobra” da UE, a través do taxe lease, para que os asteleiros galegos perdan competitividade a nivel internacional. “O compromiso neste novo proceso electoral vai neste mesmo sentido e imos seguir traballando por este camiño”.