BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

TODOS SOMOS BNG. palas de rei


A afiliación como recurso inprescindíbel.
O elemento organizativo máis prezado polo BNG son os seus afiliados e afiliadas, o principal motor que impulsa a activodade organizativa e a principal canle de comunicación entre a organización e a sociedade.
Os afiliados e afiliadas intégranse de maneira individual na organización a través das asembleas locais, particípan nas asembleas comarcais e cada tres anos asisten a asemblea nacional. En fín, do individual ao colectivo é a dinámica que prevalece no Bloque como resultado do traballo das persóas dentro dun proxecto colectivo que nos pertence a todos e todas, e que ten como único norte servir os intereses e aspiracións da nosa sociedade.

SOMOS GALEGOS, SOMOS BNG. palas de rei


DECIDE, AFILIATE!
O BNG e Galiza.
O Bloque Nacionalista Galego, recollendo o legado das Irmandades da fala, do Partido Galeguista de Castelao e Bóbeda e do Nacionalismo xurdido nos anos sesenta durante a ditadura e na primeira fase da Transición, fundouse en 1982, na Asemblea de Riazor, como unha organización política de caracter Frontista, co obxetivo da autoorganización, e a soberanía e a autodeterminación de Galiza como nación a partir das súas caracteristicas socioeconómicas, hirtóricas, lingüisticas e culturais.

O proxecto político e organizativo representado polo BNG, preséntase ante a sociedade como unha organización nidiamente progresista, aberta a todas as persóas e posicións democráticas favorábeis á liberación Nacional da Galiza.

As aspiracións do BNG, expresión da vontade política de Galiza como Nación, Sintetízanse na procura dun futuro mellor, dunha sociedade mais xusta, en definitiva dunha Galiza próspera en que os Galegos e as Galegas leven adiante o seu proxecto Vital.