BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

SOMOS GALEGOS, SOMOS BNG. palas de rei


DECIDE, AFILIATE!
O BNG e Galiza.
O Bloque Nacionalista Galego, recollendo o legado das Irmandades da fala, do Partido Galeguista de Castelao e Bóbeda e do Nacionalismo xurdido nos anos sesenta durante a ditadura e na primeira fase da Transición, fundouse en 1982, na Asemblea de Riazor, como unha organización política de caracter Frontista, co obxetivo da autoorganización, e a soberanía e a autodeterminación de Galiza como nación a partir das súas caracteristicas socioeconómicas, hirtóricas, lingüisticas e culturais.

O proxecto político e organizativo representado polo BNG, preséntase ante a sociedade como unha organización nidiamente progresista, aberta a todas as persóas e posicións democráticas favorábeis á liberación Nacional da Galiza.

As aspiracións do BNG, expresión da vontade política de Galiza como Nación, Sintetízanse na procura dun futuro mellor, dunha sociedade mais xusta, en definitiva dunha Galiza próspera en que os Galegos e as Galegas leven adiante o seu proxecto Vital.