BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

ELECCIONS GALICIA 2009

Dende o Dende o BNG de Palas queremos darlle a nosa noraboa o Sr Nuñez feijoo pola sua victoria nas eleccions do 1 de marzo en galiza.
Logo, darlle o noso mais sentido pesame ós cidadans de Galiza polo que se lles ven enriba. lamentamos non haber sabido comunicarlles todos os avances que puidemos haber conquerido con outros catro anos de governo na Xunta de Galiza. Lamentamos todo o que a partires de agora lle poida ocorrer a este noso Pais que tanto queremos todos os Galegos/as.
Entendemos toda a dor de esas familias nas que os seus pequenos, cando comencen a sua vida laboral, teñan que EMIGRAR outra vez cara terras lonxanas, porque aquí xa non teñen que facer.
Sabemos o dificil que será ter que falar en Español cos nosos pequenos, porque a nosa fala (o GALEGO) deixará de existir nas escolas, e os cativos non entenderán a lingua da que todos nos sentimos orgullosos, (agás uns cantos que non a saben e non a entenden).
É unha pena que todos os aeroxeradores proxectados nos destintos parques comencen a partires de agora a producir rentas para Madrid sen deixar na nosa Galiza nen un peso para poder facer con el moitas obras moi precisas na nosa comunidade.
Lamentablemente os nosos maiores terán que afacerse outra vez a soidade da súa aldea, cando a asistencia a domicilio deixe de funcionar e se vexan outra vez nas súas vilas sen ninguén que lles fale, pois toda a xente en idade de traballar deixará o campo porque según o presidente da xunta NON É RENTABEL e se irán para as cidades, no melor dos casos, é os que ali non atopen traballo marcharán cara outas comunidades ou países.
Lamentamos en todo caso que o Sr Nuñez Feijoo sexa o Presidente de Galiza pois xa demostou cando era o segundo de D. Manuel Fraga que non sabe nada de Galiza nin lle interesa aprendelo.