BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

BNG PALAS: CUARTEL DA GARDA CIVIL

QUE PASA CO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE PALAS?
Parece ser que aínda non se sabe nada do que vai a pasar co novo cuartel.
Logo de estarse cruzando acusacións o Alcalde D. Fernando Alfredo Pensado Barbeira, e o xefe da “oposición” D.Horacio Rouco Ferro, sobre a quen se lle an atribuír os méritos, non se poñen de acordo: D. Horacio di que se foi cousa de “Pepiño”, o Alcalde parece ser que se remonta a tempos mais atrás, alá polo 14 de outubro de 1975, cando o entón Alcalde o Sr. Mato Mourenza cede ó ministerio da gobernación un solar de 3006m2 para construír nel o citado edificio.
Logo, o 27 de outubro de 2003 firmase con D. Juan Jose Izarra del Corral (director xeral da xerencia de infraestructuras i equipamento da seguridade do estado) o “protocolo de colaboración entre o Ministerio do Interior e o Concello de Palas de Rei, para a construcción dunha nova casa Cuartel da Garda Civil.
Os proxectos básicos e de execución da Casa Cuartel foron remitidos polo Concello ó Ministerio a finais do ano2004. Por aquel tempo o Secretario de Estado de relacións coas Cortes sinalab a data de comenzo para o ano 2006
O anuncio de licitación do ministerio saiu poucos meses antes destas últimas eleccións xerais, ¿casualidade?
O caso e que ainda non se sabe nada do Cuartel e os Gardas Civís que estan destinados neste concello seguen a contar cunha pequecha oficina para o desenrolo das súas funcións.
Dende o BNG queremos que tódolos veciños de Palas de Rei se den conta que os “políticos” que temos hoxe no concello e supostamente nos están a representar son un FRAUDE, que só falan, unhas veces para non dicir nada e outras para dicir que “fan moito”.
Convidamos a todos os veciños a que fagan un esforzo e tenten lembrar si se fixo algo para sacar adiante a este concello por parte dos que estiveron no goberno.
P.D. Lembrarlle o noso alcalde que a paxina do concello según a normativa vixente ten que estar en galego.
Para ver a nova tedes un enlace aquí
http://www.palasderei.org/novas/noticia.php?idnoticia=29

BNG PALAS: O GALEGO NO EURODANCE 2008

“A festa non vai parar” no Eurodance 2008

Este ano o galego vai estar presente no certame Eurodance, que se fallará no mes de decembro, da man do dj coruñés Dj Son1c (http://www.myspace.com/djson1cdance) e o seu tema “A festa non vai parar” xa que foi elexido pola organización para representar a España.
Este é un feito insólito, xa que é a primeira vez que un país é representado por un tema nunha linguaxe rexional, o que o fai moito mais meritorio. É importante e sorprendente que un xurado estranxeiro, optase por un tema galego e na nosa lingua com o representante de España a optar ó mellor tema dace a nivel europeo e na enquisa, na que vos invito a particiar, a día de hoxe está no primeiro posto.
Por esto, independentemente de que vos guste este estilo musical, e para que o galego se escoite en toda Europa ínstovos a que votedes o tema na web http://www.eurodanceweb.net/poll.htm, para seguir apoiando a que o galego avance e cada vez estea presente e mais campos da nosa vida.
Ata a próxima.

BNG PALAS: O COLEXIO DE PALAS E UNHA SELVA






Logo de dar unhas voltas polos arredores dos colexios de Palas, atopamonos con que os seus patios estan feitos unha selva, os accesos o centro todos cheos de herba de mais de medio metro, aparte de silvas e toxos.
Nos preguntamonos de quen e a culpa.
Da dirección do centro, por non por remedio nen se preocupar do estado de conservazón do entorno dos edificios.
Do noso Alcalde, (ou do tenente de alcalde, xa que ninguen sabe quen manda no concello), por se despreocupar do que pasa na sua vila.
Da conselleria de Educación, ainda que esta, se ninguen protesta non ten por que saber o que pasa, pero para eso ten o Sr. Horacio que ben lle poderia dar conta do que sucede os seus compañeiros, e preocuparse algo mais por Palas e deixar un pouco a Monterroso que xa ten abondo quen "mire" por el.
Estamos a esperar unhas fotos que pronto colgaremos para que poidades ver o estado do colexio, e asi dicirnos se os nosos rapaces/as estan seguros e poden xogar tranquilos neste centro

BNG PALAS: CENSURA DUN VIDEO DO FESTIGAL NA TVG


O pensamento de cada un é libre e libres son as ideas e os partidos políticos sempre e cando non falten nin reprendan a ninguén, pois de ser así estarían faltando a un dos principios básicos nos que se fundamenta a democracia, unha premisa que de faltar deixaría espida aos sistemas que agora nos gobernan. Parece que na TVG non aprenden e continuan a ter unha realidade deformada do que significa a diversidade e a pluralidade social e cultural. A última que se lles ocorreu foi censurar un video de promoción do Festigal, festival que se celebra na capital do país, Compostela o día no que se celebra o orgullo de ser e sentirse galego, o 25 de Xullo. O que vos preguntades será por que se censura o video na TVG, pois por se visualizar nel unha estrela nacionalista. Logo hanse censurar tamén os que leven unha rosa, ou unha gadaña, ou os que leven gaivotas??
O normal é que se na organización dun evento participa, e de forma maioritaria, unha serie de entidades sociais cunha determinada ideoloxía política, queiran promocionar o anuncio ao xeito que eles entenden se debe celebrar, o mesmo dereito deben ter (e teñen) aqueles que prefiren organizar eventos e poñerlle unha rosa ou unha gaivota á nosa bandeira.

Se picades no seguinte enlace podedes botarlle unha ollada o video haber que ten de delito.

tamen tedes novas do festigal en:

DIA DA PATRIA GALEGA

Quintana: “O BNG irá ás autonómicas convencido de liderar o próximo goberno galego”

A campaña de actos previos ao 25 de Xullo, baixo o lema “cremos neste País” difundirá a acción de goberno nacionalista nestes tres anos

Santiago de Compostela, 5 Xuño 06. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, ofreceu esta mañá unha comparecencia de prensa na sede nacional. Acompañado por Mario López Rico, secretario de Imaxe e Propaganda, presentou a campaña que, baixo o lema “cremos neste País”, levarán a cabo os nacionalistas galegos co gallo do 25 de xullo.

Quintana asegurou que o BNG vai ir ás novas eleccións autonómicas a por todas, convencido de que “é o momento do nacionalismo, o momento de que o noso proxecto político lidere a sociedade galega e o goberno galego”.

"O 25 de Xullo agardamos ter a máis grande mobilización da historia do nacionalismo galego"O BNG ten previsto organizar máis de 200 actos de distinto formato en todo o país, aos que está previsto que acudan máis de 50.000 persoas. O portavoz nacional asegurou que o 25 de Xullo agárdase ter a “máis grande mobilización da historia do nacionalismo galego, na que van traballar perto de 500 persoas”.

O portavoz nacional asegurou que “imos habilitar os medios materiais e humanos necesarios para que Compostela poida acoller esta mobilización”. Segundo explicou, a manifestación será no lugar habitual, na praza da Quintana, pero habilitando espazos adxacentes.

O líder nacionalista presentou o próximo Día da Patria Galega como o terceiro estadío dunha traxectoria que comezou nas pasadas eleccións municipais, “cando obtivemos a representación institucional máis grande da historia do nacionalismo” e continuou co resultado das pasadas eleccións xerais, “avanzando e consolidando unha representación política no Estado que vai ser decisiva”. “Estes éxitos vanse agora acompañar dunha novo éxito que vai ser esta campaña explicativa e a mobilización do 25 de Xullo”, asegurou, cara a, precisamente, liderar o goberno galego tras as próximas eleccións autonómicas.

Anxo Quintana e Mario López Rico amosan os cartaces

Difusión da acción de goberno

“Hai xa tres anos das eleccións autonómicas, e imos aproveitar esta campaña para difundir a nosa acción de goberno durante estes tres anos e vinculala co noso proxecto político, nunha data tan importante para os nacionalistas galegos como o 25 de Xullo”, afirmou Quintana durante a rolda.

"Os cidadáns non votaron por un cambio de caras, senón por un cambio de políticas"O vicepresidente do goberno destacou o traballo do BNG para construír un proxecto transformador para Galiza, e para que o noso país “sexa respectado e dono do seu futuro”. Asegurou tamén que o proxecto político do BNG se abriu camiño mediante “a interlocución e o diálogo coa maioría social á que vai dirixido”. Enmarcou, como un dos obxectivos da campaña, a explicación da acción de goberno do BNG durante os 3 anos xa transcorridos desde a constitución do actual executivo de coalición, “unha acción de goberno que cumpre co mandato de cambio que nos deron os cidadáns, que votaron non só para a renovación de caras senón por un cambio de políticas”.

Quintana exemplificou as novas políticas transformadoras mediante as medidas aprobadas polos departamentos xestionados polo BNG na Xunta como a constitución do Sistema Galego de Benestar, as Normas do Hábitat Galego, a lei do Banco de Terras, o novo decreto eólico ou a aposta pola internacionalización da cultura galega.

Así mesmo, non só destacou as medidas que tomou o goberno galego no exercicio das súas competencias, senón tamén a contribución do nacionalismo ao troco de status de Galiza no Estado: “Temos conseguido sermos capaces de que Galiza sexa un pouco máis respectada, que o Estado teña en conta que o recoñecemento de Galiza como nación, ou cando menos, no seu status constitucional de nacionalidade histórica ao mesmo nivel que Euskadi e Cataluña é unha obriga que os galegos imos demandar sempre”.

"En amplas capas da sociedade galega o nacionalismo contémplase hoxe como un proxecto de ilusión e de futuro”.Para Quintana, a labor de goberno do BNG ten servido para que “en amplas capas da sociedade galega hoxe o nacionalismo se contemple como un proxecto de ilusión e de futuro”.

Mario López Rico

O responsábel de Imaxe e Propaganda do BNG amosou o cartaz da campaña, que ten os lemas “cremos neste País” e “traballamos nun proxecto transformador para esta Nación”. Destacou que o BNG está a lograr os seus obxectivos “no goberno e na sociedade”. Afirmou que “a nena e o neno simbolizan o futuro, e a estrela aristotélica que sosteñen simboliza a intelixencia e a liberación dos pobos, que está incluída na nosa marca e é unha icona que empregamos todos os nacionalistas”.

Crise no sector pesqueiro

Anxo Quintana expresou, na quenda de preguntas da prensa, a súa “comprensión” pola grave situación do sector, aínda que fixo un chamamento á responsabilidade nas mobilizacións. Lembrou que “a crise excede o ámbito competencial do goberno galego” e pediu que por parte do goberno do Estado “haxa unha disposición diferente”. “Estase a notar demasiado que o sector pesqueiro, que é estratéxico para Galiza, non o é para o Estado”, asegurou. “Que teñan en conta que tras os números hai persoas, e tras as persoas hai un país cuxa economía non pode prescindir da pesca”, afirmou.

Sobre a “obxección” episcopal á Educación para a Cidadanía

O líder do BNG afirmou que “a cúpula eclesiástica equivócase”. “Nun estado democrático, a lei é responsabilidade da acción política dos que foron elixidos para iso; cadaquén pode expresar a súa opinión, pero de aí a boicotar a lei hai un paso que é unha equivocación”, dixo.

Congreso do PP

“Se se chega a producir un cambio na estratexia do PP que serve para que este partido deixe de ter unha idea tan trasnoitada sobre o Estado español, se hai un cambio para que onde había pechazón e absolutismo, o BNG saudará iso, porque será bo para a democracia, para o PP e para Galiza”, asegurou. Porén, lembrou que calquera acordo “está en función dos programas e hoxe en día o PP e o BNG están moi lonxe nese aspecto”.

ACTO PUBLICO DO BNG


O vindeiro luns dia 12 ás 8 da tarde no centro socio-cultural UXIO NOVONEYRA de Lugo, terá luga un acto público sobre a "posición politica do BNG en relación coa situación lingüistica da Galiza" Nel intervirán ANTON BAO Responsábel Comarcal do BNG de Lugo-centro e ANA PONTÓN Deputada no Parlamento Galego.

Aproveitamos a ocasión para demandar de todas e todos un esforzo diante do grave deterioro social que está a sufrir o noso idioma. Neste senso o BNG apoia a manifestación nacional convocada pola Mesa Pola Normalización Lingüistica "polo dereito a vivirmos en Galego" que terá lugar o 18 de Maio ás 12 dende a alameda de Compostela.


NOTA: Haberá autobuses gratuitos dende SARRIA(ás 9 e cuarto no cruce da cigüeñeira), LUGO(ás 10 diante de sindicatos na ronda da muralla), GUITIRIZ(ás 10 e media na área de servizo da autovía), ANTAS DE ULLA(ás 9 e 45 na praza), MONTERROSO(ás 10 na parada de autobuses na estrada de Palas, PALAS DE REI(ás 10 e cuarto no cruce da estrada de santiago), chamar para confirmar.

O BNG DE PALAS DE REI INFORMA


O BNG de Palas de Rei quere denunciar publicamente a actitude desprezábel que está a ter o Señor JOSÉ BLANCO cos veciños e veciñas de Palas de Rei.

Só acude a Palas cando hai eleccións e sempre coas mesmas promesas (Autovía, Cuartel da Garda Civil, unha morea de postos de traballo e mil promesas mais das que ainda non cumpriu ningunha)

Nun mitin celebrado polo PSOE en Lugo nas últimas eleccións o Señor PEPE BLANCO dixo "que en su pueblo de Palas de Rei gobernaba el PP por culpa de haberse presentado a las elecciones municipales un partido minoritario". Isto é unha demostración máis da falla de respaecto cara os votantes do BNG no Concello de Palas de Rei, e a falta de Democracia do Señor BLANCO.

Témoslle que lembrar que cando o BNG tiña tres Concelleiros e o PSOE un, nunca lle dixemos que non debían presentarse as eleccións. Tampouco dixo que o BNG foi o único que presentou propostas no Concello e que lle fixo sempre fronte ao PP mentres eles estaban de brazos cruzados (igual que agora).

Desde o BNG vémonos na obriga de aclarar esta situación ante os veciños e veciñas do noso Concello, porque os señores do PSOE eran coñecedores a través de enquisas que entre o BNG e o PSOE lle gañarían as eleccións ao PP pero o afán que existe en ELIMINAR ao BNG presionando a nosa xente, fixo que o BNG quedara fora do Concello e o PSOE lle sobraran 230 votos o que fixo que o PP conseguira de novo a maioría.


P.D. SEÑOR HORACIO ROUCO, ¿CANDO VAI COMENZAR A TRABALLAR POLO NOSO CONCELLO?

BNG PALAS DE REI DECLARACIONS DE QUINTANA


Quintana asegura que "os galegos e galegas están fartos de pagar moito por vivendas de baixa calidade"

O vicepresidente asegurou que a Consellería de Vivenda e Solo non se vai someter a presións nin a chantaxes e o que si vai facer é dialogar con todos para garantir a boa aplicación das Normas do Hábitat Galego
Pereiro de Aguiar, 12 de abril de 2008.- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou hoxe estar convencido de que os galegos e galegas, e “sobre todo a xente máis humilde, a xente con menos posibilidades económicas, está farta de pagar cantidades astronómicas por pisos de moi baixa calidade”. E para rematar con esta situación, o Goberno galego pon en marcha as Normas do Hábitat Galego, que, tal e como explicou Quintana, pretenden asegurar que as vivendas teñan un mínimo de calidade, “que, por exemplo, poidas ter un baño no que poidas entrar, que en vez dun mínimo de dous metros teñan cinco, que haxa uns corredores suficientemente amplos, que as vivendas teñan un mínimo de luz e de aireación, que haxa patios de luces amplos e todo iso é o que pretende o decreto que agora puxemos en marcha”.
"Xa era hora de que a xente con poucos recursos poida acceder a unha vivenda de calidade"O vicepresidente resaltou a necesidade destas novas normas, que teñen que dar resposta a esa necesidade de que a xente estea farta de pagar cantidades astronómicas por pisos de baixa calidade. “Xa era hora que a xente con poucos recursos poida acceder a unha vivenda a un prezo xusto e ademais a unha vivenda de calidade”, asegurou. O vicepresidente Quintana fixo estas declaracións sobre as Normas do Hábitat Galego hoxe en Pereiro de Aguiar durante unha visita á nova galescola deste municipio ourensán.
Non ter vértigo ao cambio
O vicepresidente da Xunta asegurou que non se pode ter vértigo ao cambio, “o cambio, do que tantas veces falamos en Galiza, non pode ser só un cambio de persoas, un cambio de goberno, ten que ser sobre todo un cambio de políticas”. Quintana amosouse convencido de que, maioritariamente, os cidadáns en Galiza reclaman cambios estruturais en moitos aspectos, e entre eles, en materia de vivenda. “E iso é o que estamos a pór en marcha e por iso non nos pode entrar vértigo ao cambio. Dende logo ao BNG non lle vai entrar vértigo ao cambio. Por iso facemos as galescola, por iso fixemos o Banco de Terras, por iso cambiamos o decreto de aproveitamento eólico, por iso estamos a apostar polo deporte de base, e por iso estamos a apostar por unha política de vivenda que garanta vivenda para os que máis o necesitan e ademais vivenda de calidade”.
"Imos dialogar para que a súa aplicación sexa o máis efectiva posíbel"Anxo Quintana asegurou que a Consellería de Vivenda e Solo non se vai someter a presións nin a chantaxes e dixo que o que si vai facer a Consellería é dialogar con todos. Lembrou que as Normas do Hábitat Galego entrarán en vigor o próximo día 17 “e vamos dialogar con todos para que a súa aplicación sexa o máis efectiva e lóxica posible. E cando digo falar con todos, falaremos cos promotores, pero tamén cos veciños, porque supoño que teremos que escoitar a todos, a ver se os veciños queren pisos de calidade ou non”. O vicepresidente recordou ademais que non se pode esquecer que, nos vindeiros anos, o maior promotor de vivenda en Galiza vai ser a Consellería de Vivenda e Solo. “Xa temos posto en marcha o Programa de Vivenda Protexida, que vai supor a posta a disposición de seis millóns de metros cadrados de solo residencial para construír 40.000 vivendas protexidas. Por certo, 40.000 vivendas que se farán de acordo co decreto do hábitat, é dicir, que serán vivendas de calidade”.
Quintana amosouse estrañado ademais de que, agora que se fala de crise do sector da construción, unha crise que é fundamentalmente unha crise financeira, “a min estráñame que os promotores non saian en avalancha protestando e criticando ás entidades bancarias pola súa política de redución crediticia, que si está causando un verdadeiro problema no sector”. O vicepresidente explicou que aí está realmente o problema da situación actual e non en facer pisos de calidade, “porque a iso temos que ir, a facer pisos de calidade, que é para o que son as Normas do Hábitat Galego”.
Declaracións Fegamp
Ao respecto da polémica co dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), “unha polémica coa dirección da Fegamp e non cos alcaldes nin cos concellos”, o vicepresidente asegurou que, unha vez máis, a directiva da Fegamp se equivoca. Ante os xornalistas, Quintana pediulle aos veciños e veciñas de Galiza que reparen nunha cuestión, “o alcalde de Ames, membro da directiva da Fegamp, está en contra do decreto do hábitat; e o alcalde de Allariz, membro da directiva da Fegamp, está a favor do decreto do hábitat. Pois eu pido aos veciños e veciñas de Galiza que comparen o urbanismo e o modelo de cidade de Ames e de Allariz, e saquen a conclusión de onde preferirían vivir”.
Quintana afirmou que considera que, ás veces, hai que pensarse as cousas dúas veces antes de manifestarse en contra de algo que o que pretende é que a xente viva con calidade, e a xente ten dereito a unha vivenda digna a un prezo xusto e de calidade. “Eu penso que a dirección da Fegamp se equivoca porque os alcaldes, sobre todo e ante todo, o que teñen é que velar polos intereses dos veciños, porque teñan unha vivenda de calidade e un urbanismo ao servizo da xente”, dixo Quintana, ao engadir que, pola contra, “os alcaldes, o que non se deben preocupar é por se algún promotor vai reducir un pouco a súa marxe de beneficios, que estou seguro que será capaz de superar esa situación con toda normalidade”.

OS PETROGLIFOS NA ULLOA


Preto de 60 persoas participaron o domingo dia 16 nas actividades organizadas por a asociación cultural e deportiva o teixo da ulloa.

consistiron nunha visita os petroglifos do monte farelo que comenzou as 11:30 da mañan e foi guiada por D. Carlos Rodriguez Rellan, investigador da facultade de historia da universidade de Santiago.

As 13:30 xuntaronse no restaurante Val de Antas para xantar todos e logo da comida as 16:30 asistiuse a unha conferencia sobre os petroglifos na casa da cultura da vila.

Nesta conferencia participaron D. Ramón Fábregas Barcalce, Catedratico de prehistoria da Facutade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, e Dna. Cristina Varela Cadahia investigadora sobre os Petroglifos do farelo e membro da Asociación cultural Treina.
Dende o BNG de Palas de Rei animamos a estas asociacions a seguir coa sua laboura en favor da cultura galega, e queremos que sepan que nos teñen o seu dispor para colaborar en todo o que nos sexa posibel.
Para ver os resultados das eleccions picade no seguinte enlace:
www.generales2008.mir.es/99CG/FTOP.htm

ELECCIONS Ó CONGRESO E Ó SENADO 2008

Quintana: "Como vaticinamos, nun resultado sen maiorías absolutas, os votos do BNG serán decisivos"
Santiago de Compostela, 9 Marzo 08.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, fixo esta noite a valoración dos resultados eleitorais por parte do Bloque Nacionalista Galego que significan “un aumento de votos con respeito a hai catro anos, un aumento porcentual no ámbito de Galiza e no do Estado español”.
En vista deste resultado o BNG dixo que “temos que amosar a nosa satisfación co resultado acadado. Resultado non só do BNG, senón que o panorama que se presenta é favorábel a participación do nacionalismo con carácter decisivo no ámbito estatal”.
"O BNG vai ser decisivo e nós comprometémonos a que cando sexa asi, vai repercutir en beneficio de Galiza"“Nesta lexislatura”, continuou, “o BNG vai ser decisivo en moitas ocasións en Madrid e nós podémonos comprometer hoxe a que cada vez que sexa decisivo, o BNG vai repercutir en beneficios para os cidadáns galegos”.
O líder nacionalista destacou o feito de que se dea un panorama “como nós vaticinamos, sen maiorías absolutas e no que os votos do BNG serán decisivos en moitas ocasións e iso vai ser en beneficio de Galiza e os galegos e galegas”.
O portavoz nacional quixo aproveitar a ocasión para felicitar ao Partido Socialista e amosou o seu convencemento de que “o resultado democrático que os cidadáns deparan terá que ser tamén positivo para o conxunto do Estado”.
"Quero trasladar o noso inmenso agradecemento a todos os cidadáns que optaron polo BNG"Anxo Quintana trasladou na súa intervención “o noso inmenso agradecemento a todos os cidadáns que optaron polo Bloque Nacionalista Galego porque son milleiros de persoas as que optaron polo BNG nunha situación difícil, unha campaña pensada para dous, pensada para consolidar o bipartidismo, na que se quixo excluír a Galiza. Mesmo nesa situación, milleiros de cidadáns optaron polo BNG e por colocar a Galiza no panorama político do Estado”.
Tal e como explicou o líder do Bloque, “sabemos que non era fácil. O fácil nesta campaña era optar polas dúas grandes forzas políticas estatais, pero é evidente que existen milleiros de cidadáns que, sobre todo e ante todo pensan en Galiza”.
O portavoz nacional dirixíuse a estes cidadáns para dicer: “pódolles asegurar que non se van arrepentir. Durante catro anos van ter moitas ocasións para felicitarse pola súa decisión porque comprobarán que a presenza do BNG en Madrid que eles hoxe nos outorgan cos seus votos vai ser positiva para Galiza e poderán ver representada o que foi a súa vontade e os seus desexos”.
"Síntome tremendamente orgulloso de ser portavoz nacional do BNG, da nosa militancia"O portavoz do Bloque quixo tamén “felicitar de todo corazón aos militantes, compañeiros e compañeiras do BNG” e asegurou sentirse “tremendamente orgulloso de ser o portavoz nacional desta organización política”. Son centenares de persoas que en toda Galiza fixeron un esforzo sobrehuman para poder conseguer este resultado. Grazas ao seu esforzo o BNG é case a única forza política que sube en votos e en porcentaxe, excluíndo ás dúas grandes forzas estatais”.
Superar retos
O líder nacionalista lanzou outra mensaxe clara á militancia: “se conseguimos superar este reto e superar esta situación tan difícil, é que podemos conseguir calquera cousa e todo o futuro queda nas nosas mans”.
“En Galiza, mal que lles pese a algúns, hai un espazo nacionalista consolidado”, sentenciou Quintana, “incluso nos peores momentos, hai milleiros de persoas que votan polo BNG e só polo BNG, que queren que haxa unha forza política propia que defenda os intereses do país”.
En resposta ás perguntas dos xornalistas, o líder do nacionalismo galego asegurou que “a campaña que tivemos que sufrir tivo tintes antidemocráticos e discriminatorios e, malia isto, a victoria de PP e PSOE é pírrica porque practicamente se reproducen nas forzas estatais os resultados de hai catro anos” e subliñou que en certos momentos púxose “a pureza democrática ao límite” e destacou que, fronte á intención de “varrer o nacionalismo” por parte das forzas estatais, “subimos, aumentamos e nos consolidamos”.
Repercusións no futuro
Tamén en resposta ás perguntas sobre as posíbeis repercusións destes resultados en vindeiros comicios, Quintana pedíu que se deixen “as cousas nos seus termos”, ao tempo que lembrou que “hoxe en Galiza sacou 11 Rajoy, 10 Zapatero e dous o BNG e nas elecións autonómicas xa veremos canto saca cada un”.
O líder nacionalista amosou a “mellor disposición do BNG para completar maiorías se se conta con Galiza, senón, non”, ao tempo que destacou a importancia do nacionalismo na crise económica que estamos enfrontando e subliñou que “a nosa experiencia di que non todo se resolve na investidura e nós imos afrontalo asi, con esa tranquilidade e ilusión”.
“Cando todos baixan, o BNG sube e iso nos dá forza moral e política para enfrontar a defensa de Galiza con máis garantías”, concluíu.

TOURIPEDIA: bng palasderei

Xa estan en ciculación os 400 euros prometidos por Z





Crean un dicionario para entender o galego de Touriño.
'Anda bancha' ou 'Lusafonía' son algunhas das entradas da hilarante Touripedia

Non entende que quere dicir o presidente da Xunta cando di 'erradical radicalmente' ou 'é a houra'? Para botar luz sobre as expresións de Emilio Pérez Touriño nace, con moito sentido de humor, a Touripedia; unha compilación de erros lingüísticos do líder socialista publicada en Troques de Concreto, o blog de Bonnot. Polo de agora a Touripedia ten unhas corenta entradas. Un número que non para de aumentar grazas as contribucións dos internautas, que seguen a indagar nas dificultades do presidente coa lingua do país. Un país que, segundo reflexa o blog, ten sido chamado 'Gardicia' polo mandatario autonómico.

(nova publicada no xornal http://www.vieiros.com/ )



Tedes un enlace directo coa TOURIPEDIA eiqui--- www.touripedia.wikispaces.com

FELICITACIONS DENDE PALAS DE REI





Hoxe queremos felicitar o noso Compañeiro e Vicepresidente da Xunta de Galicia D. Anxo Manuel Quintana Gonzalez por o seu 49 cumpreanos, e desexarlle que siga cumprindo moitos mais como fixo ata agora PREOCUPANDOSE POR GALIZA E OS GALEGOS


FELICIDADES QUIN.

MITIN EN MELIDE


O martes 26 de febreiro, con Socorro Cea, Anxo quintana e Francisco Jorquera. Ás 20:30 no colexio Público nº1

máis forza en Madrid!!!!!!!!

Se queredes ver o video da campaña electoral das xerais 2008 picade no seguinte enlace http://www.youtube.com/watch?v=5nn2Wer_wrA

UN POUCO DE HUMOR

(anacos de chistes e demais sacados da revista mensual de humor galego RETRANCA www.revistaretranca.com )

Sabias que...?
.Os rei magos de Ourense son Melchor, Gaspar e BALTAR.
.A vila Galega onde hai máis chineses é RIBEIRA DE PEKÍN.
.Están alertando da inseguridade cidadá por Terras do Deza. Seica hai unha banda perigosa que se fan chamar os "LALIN KINGS".
.A bebida alcohólica que peor lle senta a Fernando Alonso é o RON DENNIS.
.As vacas que están distraidas por mor do celo andan aos BOISBARDOS.

Preguntas curiosas.
. Por que na Galiza hai tanto RIQUIÑO a costa de tanto FEISMO?.
. Se nos sacaran unha foto no WC mentres cagamos, quedariamos RETRETADOS?.

VECIÑOS DE PALAS DE REI QUEIXANSE POLO SUMINISTRO ELECTRICO


Segun un artigo publicado en varios periodicos alguns veciños de Palas de rei, concretamente dos lugares de Mato, Orosa, e Vilariño, reunironse onte no Coto para queixarse por as deficiencias no suministro electrico das suas casas.

Dende o BNG de Palas de Rei estamos dispostos a reunirnos con eles para negociar coa Conselleria de Industria (en mans do BNG) e que esta a sua vez negocie con Union Fenosa (a empresa suministradora), a solución destes problemas.

Gostarianos que todos os veciños/as de Palas de Rei nos achegasen os problemas relacionados coas nosas consellerias, pois cremos que somos os mais indicados para poder solucionarllos.

ACTOS CANPAÑA ELECTORAL NACIONAIS 2008


XOVES, 21 DE FEBREIRO




20:30 Horas, no Pazo de feiras e Exposicions de Lugo, Acto Publico para presentar o Programa Agrario do BNG no que participarán EMILIO LÓPEZ PÉREZ, ALFREDO SUÁREZ CANAL e PAZ ABRAIRA.




22:30 Horas, bar "Chuché" de Campocastelo, o BNG convida a petiscos e bebidas para coller folgos e iniciar a campaña cunha pegada de cartaces potente.




23:45 Horas, concentración na Praza Maior de Lugo para a pegada de cartaces.




LUNS, 3 DE MARZO




20:15 Horas, (previsibelmente nunha carpa na Praza de Sta. María) MITIN CENTRAL DE LUGO.




O BNG e Galiza precisan MAIS FORZA EN MADRID. Co esforzo de todas e todos imos logralo, ánimo e adiante.

FOTOS DO MITIN NAS MUNICIPAIS 2007



















Despois de moitas peticións por distintas persoas da nosa vila, aqui tedes algunhas fotos do mitin celebrado en Palas con motivo das Municipais 2007http://bng-galiza.org/

ACTO DE PRECAMPAÑA DO BNG EN PALAS




O proximo sabado dia 16 de febreiro, terá lugar na casa da cultura de palas de rei as 20:30 h un acto de precampaña que celebrara o Bloque Nacionalista Galego.


A el asistiran ademais de todolos militantes e colaboradores do BNG na comarca da ulloa (Antas, Monterroso e Palas)


Dna. Paz Abraira, candidata o Congreso por Lugo.


D. Ruben Lois, Director xeral de turismo da Xunta de Galicia.


Dna. Socorro Cea, Alcaldesa de Melide.


D. Anton Bao, Vicepresidente da Diputación de Lugo.


Agardamos a asistencia de todo-los veciños/as da nosa vila, así como das vilas limítrofes.


Un saudo. --bngpalasderei--




O BNG DE PALAS CO DEPORTE


O pasado sabado dia 2 celebrouse en Ferrol o primeiro campionato de España de kickboxing na verión W.K.A. e a el foi invitado o noso compañeiro xose manuel como director de arbitraxe da asociación galega de kickboxing. Nesta velada estivo acompañado por o presidente da Asocoación Galega de kickboxing (representante na Galiza da Federación Española de kickboxing) e mais por Juan Pinilla, arbitro e representante para España das asociacions internacionais I.S.K.A. F.I.D.A.M. W.K.A. U.W.K.F. I.F.M.A.

Nesta velada os deportistas Galegos conseguiron o triunfo en catro dos sete combates celebrados. Tedes os resultados completos na paxina do clube de Palas ULLOA DEZA KICKBOXING. Un saudo.
O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, anunciou este sábado no acto preelectoral da formación nacionalista que "por principios", acudirá ao debate proposto pola TVG cos líderes do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, e del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de cara ás eleccións do 9 de marzo. Quintana confiou en que os outros dous representantes participen na cita.

No acto, que se desenvolveu en Compostela, o líder nacionalista pediulles aos "miles de galegos que queren frear as ideas de Rajoy" que voten ao BNG, aínda que non sexan habituais. "Para paralo a única menciña é Galize e o BNG", afirmou. Neste sentido, aludiu ao número un do PP por "dicir que a xente ten problemas en Galiza para falar en castelán. Dicíndoo insulta a nosa intelixencia".

Anxo Quintana relacionou a capacidade de decisión de Galiza no Estado coas "posibilidade de benestar". En referencia á crise económica, contrapuxo a actitude do Bloque ás "catastrofistas" do PP e ao "dicir que non pasa nada" dos socialistas. Por iso, anunciou o Plan Sectorial de Vivenda Protexida cona creación de 40.000 novos fogares.

Ademais, Quintana lembrou as negociacións levadas a cabo entre o BNG e Zapatero, dicindo que "só se negocia con quen ten independencia de criterio para decidir e non está disposto a recibir ordes. Co BNG, se se coloca a Galiza enriba da mesa, todo, senón, nada”.


Se a forza da nosa paixón cambia o mundo, cal sera a POTENCIA dos nosos actos?
A historia comenza cando ti queiras.
A nosa forza interior fainos POTENCIA.
A nosa industria e POTENCIA.
A nosa materia prima, a nosa cultura, a nosa xente, a nosa costa é POTENCIA.
Somos unha POTENCIA en POTENCIA.
Ser POTENCIA é facer historia.
O SECULO XXI É NOSO.

GALIZA, SOMOS POTENCIA

BENVIDOS O BLOG DO BNG DE PALAS DE REI


Prezados veciños, o BNG de Palas esta encantado de presentarvos este novo medio de comunicación coa xente do noso pobo, que poñemos a vosa disposición para que nos poidamos comunicar de forma rapida e amena, nel queremos darvos a coñecer toda-las novas que se produzan no noso povo PALAS DE REI, así coma no noso pais GALIZA. Tamen unha direccion de correo BNG.palasderei@gmail.com a que queremos que nos mandedes as vosas opinions e ideas para poder facer unha vila mellor.

Agardando que vos sexa de utilidade recibide un saudo nacionalista.