BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

Dia das Letras Galegas. por BNG palas


O vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela producirase unha manifestación histórica en defensa da Lingua que nos une como Galegas e como galegos. Para reivindicarmos o dereito básico a podermos vivir no noso idioma propio, o cal debe ser garantido polos poderes públicos.
Vemos con preocupación como o PP, desde a Xunta de Galiza, pretende desmantelar puntos básicos da oficialidade do Galego, como o amparo xurídico en aspectos tan fundamentais como o ensino. Levar a cabo medidas de ataque contra o Galego supón un perigo de confrontación indesexábel e de fractura social, ademais de ir contra acordos unánimes do parlamento e vulnerar o espírito e a letra do artigo 5 do Estatuto de Autonomía, que sinala o Galego como LINGUA PROPIA DE GALIZA e a obriga dos poderes públicos de potenciala nos diferentes ámbitos.
Nos últimos meses, repetiuse desde diferentes grupos de poder a falaz idea de que hai un proceso de “imposición del Gallego”, presentando, con cinismo, o mundo ao revés. A realidade do dia a dia e de todos os estudos sobre o tema desmontan esa mentira. Así, o Consello de Europa advertiu nun contundente informe de finais de 2008 que en Galiza non se están a cumprir tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e que non hai garantías mínimas para este idioma en sectores tan importantes como o sistema educativo, os servizos públicos, a xustiza ou os medios de comunicación.
Así mesmo, a Real Academia Galega vén de publicar un estudio sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente en Galego. Perante a necesidade de respostas por parte da Sociedade Galega animamos a:

*Participar nos actos de mobilización en defensa da nosa lingua, na manifestación convocada para o 17 de maio ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.