BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

NOITEBUS por bng palas


Logo de comprarse o novo vehiculo oficial (a feijooneta) Alberte Nuñez Feijoo o ver que non da vendido o vello audi decide darlle un us mais "popular" e polo a disposición da xuventude para os seus desprazamentos da fin de semana, sustituindo así os antigos buses que facían a ruta. a nova ruta según Alberte será a seguinte:
Saida de SANJENJO, pasando por BUEYMUERTO, ARTEIJO, MUGIA, PUERTOMARÍN, EL ROBLECITO, LA CARRETERA, PUENTENUEVO, RIANJO, HERRERA DEL VALLE DE ORO, NIÑO DE LA GUIA, ROJOS, LAVA COJONA, e como destino final LA CURUÑA.
para os que nos educamos no antigo idioma deste país que agora está a desaparcer...
saida de Sanxenxo, pasando por Boimorto, Arteixo, Muxía, Portomarín, Carballo, A Estrada, Pontenova, Rianxo, Ferreira de Valadouro, Roxos, Lavacolla, A Coruña.

LA FEIJOONETA por bng palas


Alberte Nuñez Feijoo cumpre a súa promesa electoral e cambia o Audi por outro vehículo de citroën fabricado na Galiza.
A sua primeira idea era mercar un C6 pero como non se fabrica en Vigo cambiao por unha FEIJOONETA C15 que como reza o anuncio e "austera pero eficaz" como di que vai ser el.

CURUXÁS por bng palas


Houbo un home que Franco endexamais cazou. ramón Varela, de alcume O CURUXÁS, foi dos que non se rendeu aos militares que aplicaron o terror no 36. Fuxiu en armas ao monte para evitar unha morte segura e, posteriormente, converteráse nun membro máis da querrilla que lle fixo fronte á ditadura. Anos en loita e clandestinidade nos que forxou unha lenda que ainda pervive nas terras do interior de Galiza.
As forzas policiais franquistas nunca puideron prendelo e, cando o presumían no exilio, unha nova sacode os seus cuarteis. O Curuxás, coa súa roupa guerrilleira, armas e correaxe, apareceu morto e o seu enterro custeouno a veciñanza. xa era o ano 1967. trinta e un anos, pois, sen ser capturado por Franco.

Agora xa está nas librerías de man do noso veciño Melidense CARLOS PARRADO e da editorial A NOSA TERRA, a súa historia que é a historia de tódos os GALEGOS/AS que cren en Galiza e a defenden ata o fin.