BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

CURUXÁS por bng palas


Houbo un home que Franco endexamais cazou. ramón Varela, de alcume O CURUXÁS, foi dos que non se rendeu aos militares que aplicaron o terror no 36. Fuxiu en armas ao monte para evitar unha morte segura e, posteriormente, converteráse nun membro máis da querrilla que lle fixo fronte á ditadura. Anos en loita e clandestinidade nos que forxou unha lenda que ainda pervive nas terras do interior de Galiza.
As forzas policiais franquistas nunca puideron prendelo e, cando o presumían no exilio, unha nova sacode os seus cuarteis. O Curuxás, coa súa roupa guerrilleira, armas e correaxe, apareceu morto e o seu enterro custeouno a veciñanza. xa era o ano 1967. trinta e un anos, pois, sen ser capturado por Franco.

Agora xa está nas librerías de man do noso veciño Melidense CARLOS PARRADO e da editorial A NOSA TERRA, a súa historia que é a historia de tódos os GALEGOS/AS que cren en Galiza e a defenden ata o fin.