BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

TEMPO DE COMPROMISO CON GALIZA, CON PALAS

O Nacionalismo Galego está mais vivo ca nunca, o BNG vive un proceso cheo de enerxía e reactivación coas miras postas no principal obxetivo que o caracterizou sempre, a defensa dos intereses dos Galegos e Galegas.
O BNG de Palas de Rei está decidido a rachar coa dinámica conformista dos dous partidos que ate agora tiñan representación no Concello. Agora que o PP e  o PSOE adícanse a  dar e prometer postos de traballo temporais os seus afíns, o BNG propón transparencia e obxetividade na contratación.
O BNG de Palas a pesares de non ter representación na Corporación nestes últimos catro anos, aposta polo compromiso cos nosos veciños e veciñas, Velaí a candidatura que encabezo, como alternativa  necesaria a alcaldía de Palas de Rei, o BNG, ten ideas, compromiso, transparencia, e a capacidade de traballo necesaria para gobernar defendendo os intereses dos veciños e veciñas de Palas, o proxecto político que defendemos, está aberto a participación de toda a cidadanía, o noso gran reto é cambiar o rumbo da política municipal do concello, apostando por unha política que asuma as demandas e inquedanzas reais da xente, contando coa súa opinión e participación.
En Palas non podemos arriscarnos a seguir cun goberno e unha oposición que só miran para si mesmos, no noso concello ten que rematar xa a política de comodidade, do malgasto de fondos públicos, dos intereses propios e do amiguismo.
Cada día se nota mais a falta do BNG no Concello. Somos garantía de unha política achegada a todos os veciños e veciñas e que loita contra as discriminacións. O BNG é para Palas unha forza firme e valente, coas ideas claras para asumir as responsabilidades que os veciños decidan.

Xosé Xoán Seoane, Candidato do BNG a alcaldía de Palas de Rei.

COA TUA FORZA HAI FUTURO

Dende o BNG de Palas de Rei, estamos convencidos que somos a forza que pode sacar adiante o noso concello, por seriedade, rigor, transparencia, ilusión, compromiso, responsabilidade, por que nós non nos esquecemos do rural, da xente nova, dos nosos maiores, dos estudantes, dos traballadores, de todos e cada un dos colectivos profesionais, culturais, deportivos...  porque temos gañas,  por que para nós os veciños e veciñas de todas e cada unha das parroquias de Palas son o importante, independentemente das súas ideas ou afiliacións políticas, por que nos non lle imos pedir o carné do partido a ninguén que queira optar a un posto de traballo no concello de todos os palenses,  por que cada vez que se convoque un concurso dende o concello, todos os veciños poderán presentarse en igualdade de condicións, por que nos non precisamos prometer centos de postos de traballo, nos non queremos enganar os veciños e veciñas,  a situación económica actual e moi comprometida para os concellos, por iso non imos prometer grandes obras nin espectaculares inversións, repetimos NOS NON IMOS ENGANAR A OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS.  nos simplemente imos facer o mellor para Palas de Rei sen ter que mentir como si fan os partidos estatais.

Xosé Manuel Gómez, candidato Nº 2 nas listas do BNG en Palas de Rei.