BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

Guillerme: "O BNG é o cambio real , o cambio que promete o PP xa o sufrimos en Galiza"


Santiago de Compostela , 1 de outubro , 2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez afirmou hoxe, no acto de clausura da Xornada de traballo de preparación da campaña Xerais 2011 que: “o BNG é o cambio real en Galiza. O cambio que promete o PP xa o levamos sufrindo durante estes dous anos e medio todos os galegos e galegas”.
"Grazas a Feijóo, a caixa galega vai ser vendida barato, barato, barato. é un rotundo fracaso do PP"Na xornada de traballo celebrada na cidade de Compostela aberta á participación dos candidatos e candidatas ao Congreso e Senado así como aos membros do Consello Nacional, portavoces municipais e responsables locais e comarcais, o portavoz do BNG asegurou que “imos pelexar cunha campaña de proximidade, falando cos galegos, un a un para mellorar os resultados de hai catro anos”.

Intervención de Xosé Manuel Pérez Bouza
O voceiro nacionalista asegurou que o BNG, “ é a única alternativa e forza política útil fronte a estulticia e o desinterese dos demais para promover cambios na política económica para a maioría da sociedade”."Imos pelexar cunha campaña de proximidade, falando cos galegos un a un, para mellorar os resultados de hai 4 anos"Na súa intervención, Guillerme Vázquez non escatimou duras críticas á xestión do Presidente da Xunta ante a bancarización da Novacaixadegalicia e aseverou que grazas á xestión de Feijóo, “a caixa galega vai ser vendida barato, barato” constituíndo -dixo- “un rotundo fracaso do Partido Popular”.
"Feijóo tómanos o pelo. primeiro presentou como un éxito que Ncg valería o 15 por cento. agora é menos do 7"Neste sentido, engadiu, que “Feijoo segue a tomarnos o pelo, primeiro presentou como éxito que NCG valería o 15 %. Agora resulta que vai ser o 7.” e dende o BNG temos claras as nosas prioridades que non pasarán pola “conta de resultados dos banqueirose e especuladores ”, nós –dixo- “loitaremos para que Galiza teña base produtiva para poder vivir e traballar na nosa terra e serán os problemas da xente, pensionistas, xovenes e todos aqueles que están padecendo a “política letal para Galiza”.
O Portavoz do BNG concluíu a súa intervención cualificando de “fructífera” a xoranda de traballo na que tamén participaron a directora de campaña e secretaria de Organización, Montse Prado e o secretario de Alternativas Programáticas Xoán Carlos Bascuas e a animando aso asistentes a “gañar este partido” porque o empate –dixo- “non nos vale”, necesitamos un cambio real que só pode vir da man de alternativas diferentes ao Partido Popular, o Partido Socialista ou da Emperatriz Merkel.