BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

O BNG expresa a "súa repulsa e condena pola ofensiva irracional de ETA" e solidarízase coas vítimas



Santiago de Compostela, 30 Xullo 2009. O BNG expresa a “súa repulsa e condena pola ofensiva irracional de ETA” que en vintecatro horas cometeu dous brutais atentados.

O BNG quer amosar en primeiro termo a “súa solidariedade coas familias e achegados das dúas vítimas mortais do atentado deste mediodía en Palmanova, no municipio mallorquín de Calviá, e tamén cos moitos feridos debido á brutal acción de ETA”. Polo de agora, só se sabe que morreron dous axentes da Garda Civil e que se contabilizan varias persoas feridas.

O BNG deixa claro que ETA “erra por completo se pensa que vai doblegar ao Estado de Dereito coa violencia sen sentido. A democracia ten recursos suficientes para derrotar ao terrorismo”. Os nacionalistas galegos amosan “o horror do BNG por esta escalada de violencia terrorista que repugna a conciencia democrática e pacifista do pobo galego”.

Ademáis, os nacionalista galegos realizan un chamamento “á unidade de todas as forzas políticas democráticas como o instrumento fundamental para derrocar o terrorismo”.

Jorquera asiste á xunta no Congreso ás 18.30 horas

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, asistirá esta tarde, ás 18.30 horas, á xunta convocada na Cámara Baixa con todas as forzas políticas e axentes sociais para expresar a condena polos dous atentados da organización terrorista, o de onte en Burgos e o de hoxe en Mallorca. Ao remate da xunta procederáse á leitura dun comunicado conxunto.