BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

MOVÁMONOS POLA NOSA LINGUA E POLO DEREITO AO TRABALLO

MOVÁMONOS POLA NOSA LINGUA E POLO DEREITO AO TRABALLO

Imos celebrar este ano o DIA DA PATRIA GALEGA nun contexto político de grave agresión contra os nosos dereitos como pobo. O goberno do partido popular na Galiza fixou a súa prioridade na destrucción da nosa lingua. Comenzan por reducir a súa cativa presenza no ensino e por eliminar o requisito do seu coñecemento para o acceso á función pública. Teñen un obxetivo político claro: destuír a nosa conciencia de sermos Galegos e Galegas.

Paralelamente, no contexto da grave crise económica que sufrimos, optan por recortar dereitos nos servizios públicos (ensino, sanidade,...) e por aliñarse cos intereses das grandes empresas. Non usan o goberno Galego para defender sectores básicos da nosa economía. Tampouco se dispoñen a impulsar o emprego desde a iniciativa pública ou axudando a pequena e mediana empresa. Sintonizan con todo o que sexa reducir dereitos sociais e laborais. Venden a emigración dos nosos mozos e mozas como panacea. Só utilizan Galiza ao servizo dos intereses políticos do PP a nivel estatal.

Hai que moverse contra pretensións tan destrutivas. Un goberno así é mortal para sermos galegos e Galegas con dignidade e lograrmos algún día o dereito pleno a vivir e traballar na propia Galiza. O BNG defende unha política de igualdade: a igualdade para o noso idioma e unha política económica que favoreza o dereito de todos e todas ao traballo. Esta é a verdadeira política democrática. por iso facemos un chamamento a participar na movilización do día da patria en santiago en defensa da nosa existencia como pobo con dereitos.De forma moi especial en defensa da lingua Galega como lingua verdadeiramente oficial a todos os efectos, e do dereito ao posto de traballo digno na propia terra. Estes son dous dreitos básicos para calquesra pobo do Mundo.

"Porque o noso deber está en asegurar o dereito ao traballo remunerado,para que ningún irmán noso emigre por necesidade"
SEMPRE EN GALIZA. CASTELAO