BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

MANIFESTO A PROL DO GALEGO


Dende principios do mes de Abril circula pola rede unha páxina onde podedes firmar se estades de acordo con que O GALEGO É ÚTIL podedes firmar e que se enteren os que queren destruir o noso patrimonio lingüistico. A páxina é www.ogalegoeutil.wordpress.com
Dende BNG de Palas animamos a tódas as persóas a firmaren e por un comentario, para que o Galego siga sendo a lingua de todos os Galegos/as tanto na Galiza coma no estranxeiro.