BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

XVIII FEIRA MULTISECTORIAL E DO QUEIXO por BNG palas


Esta fin de semana celébrase en Palas de Rei a XVIII feira multisectorial e do queixo da Comarca da Ulloa.
Para ela contase cun orzamento de aprox. 50000 euros.
A maior parte destes cartos proveñen de consellarías ligadas o BNG como son a de Medio Rural, e a de innovación e industria, así coma do Xacobeo e a vicepresidencia da deputación de Lugo.
O domingo dia 19 as 12:30 nomearanse os membros da encomenda do queixo da ulloa algo moi dado entre os alcaldes do PP vexase antigamente Melide co sr. Pampin e a orde do camño de Santiago ou Portomarín co sr. Eloy coa Orde da Alquitara.
Nesta nova encomenda o Alcalde de Palas nomea a dúas persoas que "moito traballaron por Palas" D. José Branco (supoñemos que por que todo o mundo lle chama PP, porque o que se di traballar por Palas...) e don nuñez Feijoo (que tamén leva anos traballando a reo no noso concello) pero que se lle vai a facer non se pode esperar mais dun Alcalde que acabando de rematar as obras da praza do concello xa inclue nos presupostos do proximo ano a reforma da cuberta recen rematada, e que xa conta estragala en tan pouco tempo?