BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

Asemblea Comarcal Extraordinaria por BNG palas


Hoxe celebrouse en Lugo a Asembea Comarcal Extraordinaria para a elección de delegados para a Asemblea Nacional Extraordinaria que se celebrará en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de maio de 2009.
Dita Asemblea tivo unha moi boa participación, onde todo o que quixo puido intervir e debatir as distintas propostas ou enmendas presentadas.
O resultado foi a elección de 142 delegados que representarán a comarca de Lugo centro en Santiago, entre os cales saiu elexido o unico candidato a delegado que a nosa asemblea local de Palas presentou, e que asistirá os días 9 e 10 a Santiago para que o noso concello teña tamén representación na elección do portavoz Nacional do BNG.