BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

SOMOS UNHA NACIÓN bng palasderei


MAIS COMPETENCIAS
Desde o Goberno galego, o BNG está a dar un decidido impulso ao autogoberno de Galiza, liderando as negociacions co Goberno do estado en pe de igualdade, de nación a nación, en contraste coa política submisa e entreguista que practicou durante 16 anos a Administración Fraga.

Na ultima lexislatura do PP na Xunta, este partido, con maioria absoluta, só conseguiu 8 traspasos competenciais, cun volume de recursos transferidos lixeiramente superior aos 10 millons de euros. En apenas tres anos, o BNG ten conseguido 11 traspasos, cunha transferencia de medios económicos de mais de 62 millons de euros.